VI Congreso da AELG: Para que(n) escribimos o futuro?

Publicado por GÁLIX | 25.9.15 Deixa un comentario

Mañá ten lugar en Pontevedra o VI Congreso de Escritores/as da AELG, celebrado baixo o título Para que(n) escribimos o futuro?



Moitos socios e socias de GÁLIX, membros tamén da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, participarán mañá nas mesas de traballo deste VI Congreso de Escritores/as da AELG. Nelas, debatiremos sobre os camiños e posibilidades do traballo de escritores/as, editoriais e outros actores do nacemento dos nosos libros.

Un evento que promete ser unha fervenza de ideas, novas vías de actuación e recursos para todos e todas. Vai todo o noso apoio a estas iniciativas da AELG, coa esperanza de poder aportar o noso gran de area para seguir a apoiar a LIX galega.
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]