DECEMBRO
2021
Recomendamos:
santoamaro
de
Antonio Manuel Fraga Allegue
santoamaro
é a novela pola que Antonio M. Fraga recibiu o
premio Jules Verne de literatura xuvenil que convoca
Edicións Xerais de Galicia e pasou a formar parte do catálogo White Ravens 2021.
Os
seus protagonistas son un grupo de adolescentes que, tras rematar o
último curso da secundaria, aproveitan os días (e as noites) do seu
derradeiro verán antes da transición á idade adulta; e o seu lugar
de encontro será a praia coruñesa de Santo Amaro, un escenario no
que se irán desenvolvendo historias de amor, promesas de eterna
amizade, medos e incertezas ante a inminente nova etapa nas súas
vidas… E de pano de fondo unha agresión sexual que obrigará os
membros do grupo a se enfrontaren entre eles, e tamén a si mesmos.
Transición,
escenario, pano de fondo… Termos tirados do teatro, pois as
técnicas e escenografías teatrais forman parte esencial da proposta
de santoamaro, ata o de punto de ás veces semellar que
estamos lendo un texto dramático. Tamén grazas aos diálogos,
elaborados cunha axilidade e unha naturalidade excepcionais, e nos
que é visible un labor nunca antes visto na literatura galega de
recreación da xerga xuvenil e a súa maxistral adaptación á
oralidade e ás redes sociais.
Héctor
Cajaraville
______________________________
GÁLIX
publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos
socios para a sección Este
libro encantoume da
OEPLI. Todos os meses poderás
ver neste blog as
recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web
da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos
lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar
coas túas recomendacións,
non dubides en nos contactar.