Aquí, todo o programa / Máis info
A AGPI celebra o que este ano é o seu 15º Encontro Galego de Ilustración, un evento anual que ofrece unha morea de contidos e actividades de interese tanto para profesionais como para o público xeral. Acádanse con esta edición 15 anos dun encontro atractivo que xunta a convidados de relevancia international nun atractivo e completo programa.
O groso das actividades decorrerá na Unitaria (o venres 28) e no Auditorio de Galicia (o sábado 29) [Santiago de Compostela].
Todas as actividades son de entrada libre e gratuíta, agás o obradoiro, que precisa dunha inscrición previa de 15 euros.
Despois de 15 anos, o encontro busca agora dar un paso adiante como cita pioneira en Galicia para os profesionais e dos amantes da ilustración gráfica.
Velaquí unha presiña de novas da LIX frescas!
- Se andas por Coruña este mes, non vos perdades as actividades que organiza a Biblioteca Pública Miguel González Garcés. Podes velas todas aquí!
- Do 30 de agosto ao 1 de setembro celebrouse en Atenas o 36º Congreso da IBBY. Nel, María Jesús Gil foi nomeada Socia de Honra. Lembra que podes ver todos os nominados da IBBY Honour List aquí.
- Dende GRETEL envíannos varias novas interesantes:
- Novo libro sobre literatura infantil e educación literaria, da man de Síntesis e escrito por Teresa Colomer; Mireia Manresa, Lucas Ramada Priti y Lara Reyes López, titulado: Narrativas literarias en educación infantil y primaria. Máis info e un fragmento aquí.
- Máster de Biblioteca escolar y promoción de la lectura: Aínda está aberta a preinscrición da 10ª edición do Máster oficial interuniversitario de Biblioteca escolar e promoción da lectura. Máis info / Vídeo informativo / Coordinadora
- E xa están na web de GRETEL as súas recomendacións de libros infantís e xuvenís: aquí.

Xa esán publicadas as bases do II Premio Internacional de Ilustración convocado por GÁLIX e o Concello de Pontevedra.
Toda a información e as bases aquíA finalidade deste certame é escoller a ilustración do cartel da XX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que se celebrará do 22 de marzo ao 12 de abril de 2019 e que terá a temática central de A REVOLUCIÓN!
Este premio ten unha dotación de 3.000 €.
Prazo de entrega: 10 de outubro de 2018
SETEMBRO, 2018
Recomendamos: Caderno de lúas, de María Canosa.

En medio deste caderno de lúas, a modo de diario, a nena deixará plasmados tamén os seus pensamentos, os seus desexos, a súa curiosidade e sobre todo o seu amor e complicidade co seu avó.
María Canosa ofrécenos de novo unha fermosa historia cunha nena como protagonista, unha nena movida pola súa curiosidade, ganas de coñecer o mundo ca rodea e loitar para converterse cando sexa maior no que ela queira, xa sexa xornalista, astronauta ou a “primeira observadora de lúas”. Neste libro tamén atopamos outro tema recorrente para a escritora que é a relación da nena co seu avó, na que este vínculo interxeneracional serve como fonte de sabedoría e procura de diversión sendo aliados incondicionais.
O texto vai acompañado polo interesante traballo de Dani Padrón, que xa acompañara a María Canosa en varias ocasións. Neste libro Padrón adopta dous estilos, por unha banda temos unhas fermosa ilustracións fieis ao seu orixinal xeito de traballar que apoia o relato. E por outra banda, recrea as páxina deste caderno infantil, cos texto escritos e cos debuxos que a nena vai realizando co seu lapis azul durante o verán.
Mar García Pérez
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.