Primeiro Seminario GALIX. Educar dende a LIX

Publicado por GÁLIX | 30.10.25 Deixa un comentario

Dirixido preferentemente ás persoas que traballan na mediación lectora: docentes, bibliotecarias/os, animadoras/os socioculturais, etc. GÁLIX organiza este ano o I Seminario GáLIX: Ensinar desde a LIX, unha actividade eminentemente práctica para crear, compartir e difundir ferramentas que contribúan á creación de sinerxías e métodos de traballo co alumnado e os usuarios de ludotecas e bibliotecas.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse en galix@galix.org, antes do martes, 4 de novembro de 2025, indicando Nome, Apelidos e NIF.

 


  • Raquel Castro, que ten unha ampla traxectoria como escritora no xxénero dramático infantil e xuvenil, estará a cargo da primeira sesión sobre teatro: Ergamos á rapazada da cadeira: aprender co corpo.
  • Da segunda sesión do seminario, o xoves 13, ocuparase Anxo Iglesias Mariño, escritor, membro da asociación Espazo Lectura e coordinador do Club de Lectura Compartida Lendo Contigo, que levará o obradoiro de poesía: A mirada rara da rimA (e un S.O.S de verSOS sós)
  • O xoves, día 20, o docente e escritor Xavier Estévez Ferreiro desenvolverá a sesión sobre narrativa: Educando con historias.

 O Seminario desenvolverase nas aulas 2 e 10 da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) os xoves 6, 13 e 20 de novembro en horario de cinco a oito (17:00 a 20:00) para facilitar a asistencia do profesorado e estará homologada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Esta actividade formativa está organizada por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, sección da OEPLI correspondente ao ámbito galego) con axuda do Ministerio de Cultura e Deporte.

Convidamos ás persoas interesadas e profesionais da mediación e a creación do libro infantil e xuvenil galego, a participar nestes obradoiros nos que pretendemos crear sinerxías entre os diferentes sectores da mediación para lograr un intercambio de ideas, experiencias e ferramentas que permitan enfocar a transmisión da literatura dun xeito eficaz e ameno.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]