Rescate en audio 10. A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey

Publicado por GÁLIX | 15.12.25 Deixa un comentario

 

Como parte da campaña de apoio á candidatura de Fina Casalderrey ao Premio ALMA (Astrid Lindgren Memorial Award) 2026 impulsada por GÁLIX, o noso socio Héctor Cajaraville rescata a obra A lagoa das nenas mudas, unha novela infantil, publicada por Xerais, na súa colección Sopa de libros, en 2007.

Este podcast está dispoñible no programa Rescate en audio de Ivoox e no programa Fina Casalderrey ao Premio ALMA 2026.

 

 Héctor Cajaraville, licenciado en Xornalismo pola USC, traballou como xornalista durante varios anos e neste momento é profesor de Lingua e Literatura Galega no ensino secundario.

Como escritor ten publicado numerosas obras para o lectorado infantil e xuvenil.

  • Quen dá a quenda?

  • A caixiña dos rancores, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, traducido ao inglés baixo o título The Box Of Resentments

  • Denébola a Roxa, Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2016

  • O segredo da casa de Formoso


  • Kusuma

  • Os metrosiderais

  • Xestas olímpicas. Escolma de relatos heroicos no mundo do deporte

  • Moita froita

  • Aurora Austral, Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2024.

E tamén biografías amenas e ben documentadas

  • Antonio Fraguas: o bo mestre, o mestre bo.

  • Ricardo Carvalho Calero: a pegada do compromiso.

  • Florencio Delgado Gurriarán: polos vieiros da saudade.

  • Francisco Fernández del Riego: o legado silandeiro.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]