Como parte da campaña de apoio á candidatura de Fina Casalderrey ao Premio ALMA (Astrid Lindgren Memorial Award) 2026 impulsada por GÁLIX, o noso socio Héctor Cajaraville rescata a obra A lagoa das nenas mudas, unha novela infantil, publicada por Xerais, na súa colección Sopa de libros, en 2007.
Este podcast está dispoñible no programa Rescate en audio de Ivoox e no programa Fina Casalderrey ao Premio ALMA 2026.
Héctor Cajaraville, licenciado en Xornalismo pola USC, traballou como xornalista durante varios anos e neste momento é profesor de Lingua e Literatura Galega no ensino secundario.
Como escritor ten publicado numerosas obras para o lectorado infantil e xuvenil.
Quen dá a quenda?
A caixiña dos rancores, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, traducido ao inglés baixo o título The Box Of Resentments
Denébola a Roxa, Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2016
O segredo da casa de Formoso
Kusuma
Os metrosiderais
Xestas olímpicas. Escolma de relatos heroicos no mundo do deporte
Moita froita
Aurora Austral, Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2024.
E tamén biografías amenas e ben documentadas
Antonio Fraguas: o bo mestre, o mestre bo.
Ricardo Carvalho Calero: a pegada do compromiso.
Florencio Delgado Gurriarán: polos vieiros da saudade.
Francisco Fernández del Riego: o legado silandeiro.


Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]