Celebración da xornada de formación Historia e Literatura na LIX galega

Publicado por GÁLIX | 4.11.25 Deixa un comentario

 


Co obxectivo de reflexionar sobre tratamento da historia na literatura infantil e xuvenil galega celebrouse o pasado mes de outubro, na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, a Xornada GÁLIX. Desfacendo a Raia XVI: Historia e Literatura na LIX galega, que contou co apoio da OEPLI e recibiu axuda do Ministerio de Cultura e Deporte.

  

María López Sández e Miguel García-Fernández

 

A xornada, presentada pola vicedecana María López Sández, estruturouse ao redor dunha conferencia inaugural de Miguel García-Fernández, historiador, investigador e vogal de GÁLIX, sobre o peso e protagonismo do diálogo entre a Historia e a Literatura na LIX galega.

   

 

Mesa redonda: Pere Tobaruela, Eva Mejuto, Pilar Sampedro, Jorge Campos e Alexandra Cabana Outeiro.

A continuación houbo unha mesa redonda na que participaron Alexandra Cabana Outeiro, historiadora, docente e asesora de bibliotecas escolares, Jorge Campos, ilustrador, Eva Mejuto, escritora e responsable da colección “Pequena memoria” de Xerais e Pere Tobaruela, escritor e historiador e que estivo moderada por Pilar Sampedro, socia de GÁLIX especialista en LIX galega.


O acto, de gran interese para docentes en formación, contou coa presenza de numerosos estudantes, docentes e mediadoras.


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]