Des
que,
en
1975,
a
Organización
de Nacións
Unidas
declarou o 8 de marzo como
Día
Internacional da Muller Traballadora,
conmemoramos
cada
ano
esta
data,
para reivindicar a igualdade e os dereitos das mulleres e promover o
establecemento
dunha sociedade máis xusta. Este
ano 2020 a campaña da ONU ten como lema:
Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres
A
lectura é unha ferramenta fundamental para promover a igualdade e o
respecto; pero existen poucos referentes femininos na literatura
tradicional e cómpre fornecer á infancia de modelos de mulleres
actuais, persoas autónomas e profesionais competentes, e dar a
coñecer, tamén a docentes e familias, obras infantoxuvenís que
presenten modelos de relación igualitarios e acheguen unha ollada de
xénero desde a literatura.
No
ano 2018 o Salón Internacional do Libro de Pontevedra tivo como lema
"Mulleres
de conto"
e GÁLIX elaborou unha bibliografía sobre este tema
que pode ser de utilidade.
Neste
8 de marzo centros de ensino, asociacións, institucións,
bibliotecas e librerías teñen programadas actividades dirixidas ao
lectorado infantil e xuvenil.
Compartimos
a información que nos vai chegando:
0 comentarios:
[Comentario blog]