Xa está publicada a Lista de Honra da IBBY 2022

Publicado por GÁLIX | 7.3.22 Deixa un comentario

 
Recibimos comunicación da organización internacional na que se nos informa de que se publicou a semana pasada a lista dos 163 libros nomeados para a Lista de Honra do IBBY de 2022, que poden verse na súa páxina web.

Cada dous anos, publícase en inglés o catálogo da Lista de Honra do IBBY que inclúe os libros publicados recentemente dos países membros do IBBY, que destacan pola calidade da escrita, da ilustración e da tradución.

Á hora de seleccionar os títulos da Lista de Honra as consideracións máis importantes son que os libros representen o mellor da literatura infantil de cada país e que se consideren, tamén, de valor universal, merecentes de seren traducidos e publicados en todo o mundo. Deste xeito, a Lista de Honra apoia o obxectivo de IBBY de fomentar o entendemento internacional a través da literatura infantil.

O noso idioma vai estar representado, nesta listaxe, por dous libros, que foron propostos por GÁLIX para formar parte deste catálogo internacional bianual:

Logo da presentación dos libros en setembro no 38º Congreso Mundial IBBY en Putrajaya, Malaisia, distribuiranse por todo o mundo máis de 2.000 copias do catálogo da Lista de Honra IBBY 2022.


 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]