Finou Adela Turín. Creadora e investigadora da LIX con perspectiva feminina.

Publicado por GÁLIX | 16.12.21 Deixa un comentario

 

Finou Adela Turin. Coa súa morte perdemos un referente da literatura infantil e xuvenil con perspectiva feminista.

Nada en Italia en 1939 e formada en Historia da Arte, dedicou a súa vida profesional a escribir para a infancia e investigar as trazas sexistas na literatura infantil.

Creou a colección «Dalla parte delle bambine» coa intención de confrontar a discriminación de xénero no eido da familia patriarcal que publicou uns vinte libros entre 1975 1980.

En París, funda con Silvie Cromer a asociación «Du côté des filles», que 1994 investiga e denuncia o sexismo nos materiais educativos, ademais de xerar mecanismos de sensibilización dirixidos ao sector editorial e ás institucións.

Escribiu artigos para diversas revistas e publicacións e libros como Los Cuentos siguen contando: algunas reflexiones sobre los estereotipos (1995).

En 1998 publica ¿Qué modelos para las niñas?: una investigación sobre los libros ilustrados con Sylvie Cromer, Carole Brugeilles, Isabel Cromer e Nella Bosnia. 

No proxecto 'Atención Album', que se realizou coa axuda da Comisión Europea, as autoras analizaron a práctica totalidade dos álbum ilustrados para o lectorado de 0 a 9 anos publicados en Francia, Italia e España no 1994.

Ao longo da súa carreira publicou numerosos álbums de primeiras lecturas de alta calidade estética e literaria nos que denuncia a discriminación das nenas na familia e na sociedade.

En galego temos traducidos varios títulos:

  • Artur e Clementina, con ilustracións de Nella Bosnia e tradución de Eva Almazán, Kalandraka  
  • Rosa Caramelo con ilustracións de Nella Bosnia e tradución de G. Tolentino, Kalandraka. 
  • A historia dos bonobos con lentes con ilustracións de Nella Bosnia e tradución de G. Tolentino, Kalandraka. 
  • Unha feliz catástrofe con ilustracións de Nella Bosnia e tradución de G. Tolentino, Kalandraka.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]