Carvalho Calero e a LIX
Ao
longo desta semana, a
compañeira Tamara Andrés veu publicando
nas redes sociais
de GÁLIX
(Facebook,
Twitter
e Instagram)
unha serie de pílulas informativas que
dan
conta das publicacións sobre o autor homenaxeado no Día das Letras
Galegas
2020, Ricardo Carvalho Calero, no marco da literatura
infantoxuvenil:
️
Edicións Embora deu ao prelo en formato libro 'As pitas baixo a
choiva',
un relato breve que Carvalho Calero publicou orixinalmente na
revista
Lar no ano 1952 no que narra un feito
anecdótico
da súa
infancia.
O
relato pode lerse en versión dixital nunha páxina web que tamén
aloxa
un proxecto educativo arredor da
obra.
http://aspitas.gal/?fbclid=IwAR1_fdHhDuX2_Z84TjwV4-MarbrXtvxdSKaWMi5Zyiq5XT-whn1OaO3Im_Q
️
Na colección de banda deseñada para divertirse aprendendo, Lela
Edicións
publicou unha pequena biografía de Ricardo Carvalho Calero
con
textos de Polo correo do vento e ilustracións de Miguel Pérez
Ramudo.
https://lelaedicions.blogspot.com/p/banda-desenada.html?fbclid=IwAR1jDWaEtew6L84Zh3kAxH2Flq8jLlseCGkrEVeX_YsF4jtE6nBQAoxWzaY
️
No catálogo de Hércules de Ediciones atopamos 'De Carballo Calero a
Carvalho
Calero. Biografía, escolma de textos, guías de lectura,
actividades
e xogos', un libro ideal sobre o autor das Letras Galegas
2020
para traballar co público
xuvenil.
https://www.herculesediciones.com/gl/libro/de-carballo-calero-a-carvalho-calero/?fbclid=IwAR0SKPhT_gVXBHsa4fYsqBrKRJO4lY-crQDIKpq9YklujMjROTiOgLKLyyo
️
Desde Auga Editora achegan o poético 'Carvalho Calero fronte ao
espello
da memoria', un libro de Alberto Ramos ilustrado por Antonio
Seijas
no que se fai un percorrido pola xeira vital e intelectual do
autor.
https://augaeditora.gal/publicacion/carvalho-calero-fronte-ao-espello-da-memoria/?fbclid=IwAR2A04nb-kMvQzijrv0PeYzEnnfFOUiN7XnWViznbgE-s2NcyEG-W_bz3Vw

️
A editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de
Política
Lingüística, publica no Portal da Lingua Galega un novo
volume
da colección dos Bolechas 'As miñas primeiras Letras Galegas'
dedicado
a Ricardo Carvalho
Calero.
https://www.lingua.gal/c/portal/layout?p_l_id=1639665&content=letras-galegas%2F2020%2Fcontido_0011.html&fbclid=IwAR171t2Gud0arJPRyzHYnE9UCTIdGPJiG1Qh4W-ABdUmZF0ru9AvahyUvrs
0 comentarios:
[Comentario blog]