Estreamos blog!

Publicado por GÁLIX | 1.7.15 Deixa un comentario
 
Benvidos/as ao noso novo blog!

Comezamos esta andaina coa ilusión de poder achegármonos máis a vós, socios e socias, e tamén de poder achegar á xente o traballo galego no mundo da literatura infantil e xuvenil.

Queremos poder informarvos e compartir todas as actividades que facedes posibles coa vosa axuda.
Queremos asistir a toda a xente involucrada nesta aventura marabillosa (e importantísima!) que é a literatura infantil e xuvenil.

E, sobre todo, queremos axudarvos e, tamén, contar con vós, a través dun espazo no que poidamos compartir as vosas iniciativas, traballos, opinión, documentos de referencia, utlidades para profesionais, etc.

Este novo blog é tamén o voso. Animádesvos a participar? Podedes escribirnos ou deixar as vosas suxestións, ideas, etc. nos comentarios.

Non sabes que é GÁLIX? Bota un ollo aquí!
Publicación máis recente

0 comentarios:

[Comentario blog]