xoves, 16 de maio de 2024

Día das Letras Galegas 2024 . Luisa Villalta.


  

Celebraremos este venres 17 de maio a 61 edición do Día das Letras Galegas.

Este ano a Real Academia Galega dedica esta efeméride a Luisa Villalta, escritora e música.

Primavera das Letras, un Portal web da Real Academia Galega ofrece desde 2016, co apoio da Deputación da Coruña, "unha xanela dixital desde a que o profesorado e as familias poden acceder a recursos lúdicos e didácticos para achegar aos mozos á figura que cada ano protagoniza o Día dás Letras Galegas".

Neste espazo web atoparedes materiais educativos e fichas didácticas e sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.

Publicáronse este ano varias aproximacións á persoa e a obra da autora homenaxeada para o lectorado máis novo:

  • Luísa Villalta. Melodía de palabras de María Canosa, en Xerais.

  • Luísa Villalta. Alma de violino de Beatriz Maceda e Eli Ríos. Álbum ilustrado en Xerais.

  • Abonda con vivir: Luísa Villalta de Montse Dopico en Xerais.

  • Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta de Mauricio Iglesias en Lela Edicións.

  • Luisa Villalta: Sempre infinita de Eva Mejuto en Cumio, Miudiñas.

  • O violino de Luisa de Verónica Santalices en Galaxia.

     

Referencias na rede:

luns, 13 de maio de 2024

Na nosa biblioteca (395)

 

Recibimos novidades de Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX:

  • Dona Problemas. Salvadora da escola

  • Analfabeta

  • O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)

  • Nave



Título: Dona Problemas. Salvadora da escola

Texto: Miguel López, O Hematocrítico

Ilustración: Paco Roca

Tradución: Anaír Rodríguez

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Sopa de libros

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-8-anos-en-diante/dona-problemas-salvadora-da-escola-o-hematocritico-9788411105118/

 

 

 


Título
: Analfabeta

Texto: Érica Esmorís

Ilustracións: Dani Padrón

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Álbum ilustrado

+ info: https://www.xerais.gal/libro/album-ilustrado/analfabeta-erica-esmoris-9788411104739/






Título: O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)

Texto: Berta Dávila

Ilustracións: Julia Lago

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Merlín

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-11-anos-en-diante/o-concurso-dos-mellores-inventos-e-outros-incribles-acontecementos-berta-davila-9788411105125/






Título
: Nave

Autora: Olaia Sendón

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Fóra de xogo

+ info: https://www.xerais.gal/libro/fora-de-xogo/nave-olaia-sendon-9788411105255/



xoves, 9 de maio de 2024

Na nosa biblioteca (394)

 

 

 

Chegaron novidades da Hércules Edicións como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

 

 

  • Bufiño y Brunilda. Un chisco de maxia

  • Os imitadores

  • Noites confinadas


Título: Bufiño y Brunilda. Un chisco de maxia

Texto: Barbara Cantini

Ilustracións: Barbara Cantini

Tradución: Rosa Marta Gómez Pato y Manuel González González

Editorial: Hércules Edicións

+ info: https://www.herculesediciones.com/gl/libros/bufino-brunilda-un-chisco-de-maxia/



Título
: Os imitadores

Texto: Alberto Hontoria Maceín

Ilustracións: Nuria Díaz

Editorial: Hércules Edicións

+ info: https://www.herculesediciones.com/gl/libros/los-imitadores/




Título: Noites confinadas

Texto: Chema Mesías, Ilduara Penas e David Catá

Editorial: Hércules Edicións

+ info: https://www.herculesediciones.com/gl/libros/noites-confinadas/