A exposición "Fina Casalderrey: medrando entre historias" inaugúrase o vindeiro xoves 18 de abril ás 12:00 na praza da Ferraría.
O Concello de Pontevedra en colaboración con GÁLIX, rende homenaxe á figura de Fina Casalderrey con esta mostra, configurada por 20 paneis escritos por María Lado e ilustrados por Nove Noel.
A autora homenaxeada é candidata aos Premios Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA), outorgados anualmente polo goberno sueco coma homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas. Nestes premios recoñécese o labor dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil. Este ano concorren 245 candidaturas de 68 estados, a maioría pertencen ao campo da escrita ou da ilustración, pero preséntanse tamén asociacións ou organizacións.
A
escritora, que
formou parte da directiva de Gálix, é
a primeira autora en estar nomeada simultaneamente aos dous premios
máis prestixiosos da LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) a nivel
internacional: o Premio Hans Christian
Andersen outorgado polo IBBY e o Astrid Lindgren Memorial Award
(ALMA) do goberno sueco.
0 comentarios:
[Comentario blog]