xoves, 30 de novembro de 2023

Na nosa biblioteca (369)

 


Chegou á Biblioteca de GÁLIX, como doazón da editorial Kalandraka, a obra gañadora do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2023:

  • A visita


Título: A visita

Texto: Núria Figueras

Ilustración: Anna Font

Tradución: Xosé Ballesteros

Editorial: Kalandraka

 Obra gañadora do XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

+ info: https://kalandraka.com/a-visita-galego.html

Novas na rede:



mércores, 29 de novembro de 2023

Dous libros en galego na Lista de Honra do IBBY

O xenio da Cidade do Sal, de Fina Casalderrey, e Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva, traducido por Eva Almazán, entre os libros que presenta a OEPLI, á proposta de GÁLIX, para a LISTA DE HONRA DE IBBY 2024.

 A devandita listaxe recolle cada dous anos unha escolma de libros propostos polas Seccións Nacionais do IBBY en tres modalidades: escritoras/es, ilustradoras/es e tradutoras/es. O obxectivo que se persegue é acadar unha maior difusión e coñecemento dos títulos seleccionados e promover traducións e edicións estranxeiras de libros de calidade. Durante os Congresos IBBY preséntase o catálogo e expóñense os traballos. Unha vez rematado este proceso, os libros viaxan polo mundo en exposicións e feiras do libro e preséntanse nas coleccións permanentes da Lista de Honra que se atopan na Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic, no Instituto Suízo de Medios Infantís e Xuvenís de Zúric, na Bibiana Research Collection en Bratislava, na JBBY Tokyo e na Northwestern University de Evanston, Illinois.

 

Recollendo as propostas das seccións de ámbito lingüístico, a OEPLI presentou estes nove títulos para a súa inclusión:

MODALIDADE DE ESCRITA

  • Música entre las ramas de Ricardo Gómez (Edelvives. 2022)
  • Rastellera de colors, de Pep Molist (Babulinka, 2021)
  • Itsaroaren atea, de Miren Agur Meabe (Elkar, 2021)

MODALIDAD DE TRADUCIÓN

  • Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva, traducido por Eva Almazán (Sushi Books, 2023)
  • La increíble historia del monstruo super cabezón, traducido por de Rita da Costa (Montena, 2022)
  • Alma: s´aixeca el vent, traducido por Mercè Ubach (Animallibres, 2022)
  • Hona gu hemen: Lur planetan bizitzeko ohorrak, traducido por Garazi Arrula Ruiz (Txalaparta, 2020)

MODALIDADE DE ILUSTRADORAS/ES

  • Irrimola, ilustracións de Maite Mutuberria (Ikaselkar, 2021)

En edicións anteriores foron incluídos nesta listaxe: O bestiaro científico de Anxos Nogueirosa de Antonio Manuel Fraga, Tinta de luz de Pepe Cáccamo, ilustrado por Berta Cáccamo, ou Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro y Antonio Reigosa na modalidade de escrita.

Na modalidade de tradución foron incluídos Gabriel Álvarez Martínez pola tradución do xaponés de Unha noite no tren da Vía Láctea e David A. Álvarez Martínez, pola tradución de Pippi Mediaslongas.

 

martes, 28 de novembro de 2023

Presentación en Santiago de A pequena Kuna, de Mercedes Pacheco.

"Á volta dunha viaxe por Panamá, Lúa e Oli entraron de madrugada pola miña ventá traídos polos alisios e contáronme esta historia que esperta unha conciencia ecolóxica ás veces durmida e outras veces esquecida. Ao mesmo tempo, afonda nos sentimentos humanos e fala da natureza, amor"


Así nos fala Mercedes Pacheco do seu libro A pequena Kuna que presentará este xoves, 30 de novembro, acompañada por Héctor Cajaraville e Xesús Domínguez.

Unha illa, un veleiro, un pelicano e dous amigos no arquipélago panameño de San Blas. A tradición da tribo kuna di que os alisios traen cousas boas e… desta vez trouxeron a Oli, o sabio navegante dos océanos.

Lúa e mais el farán todo o posible por salvar a Don Pelicano, vítima da contaminación plástica que inunda o noso planeta. Desde entón, as súas vidas estarán unidas sucando mares e océanos co vento sempre a favor. E a verdade é que… Lúa e Oli navegan polo mundo adiante!

E nós navegaremos con eles.




luns, 27 de novembro de 2023

Presentación de MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA en Santiago de Compostela.

  Carlos Labraña presenta este xoves, 30 de novembro, a súa obra Mambrú volveu da guerra,primeira peza en galego que recibe o Premio SGAE de Teatro Infantil polo tratamento da memoria histórica e o recoñecemento de todas as persoas esquecidas nas cunetas e muros de cemiterios, e pola calidade literaria e escénica. 

O acto terá lugar ás sete da tarde na Libraría Cronopios. O autor estará acompañado polo crítico Armando Requeixo.

O grupo Fura Fura Teatro estará ao cargo da lectura dramatizada da obra. 


martes, 21 de novembro de 2023

Na nosa biblioteca (368)


 Recibimos, como doazón da Editorial Galaxia para a  Biblioteca de GÁLIX:

 

 

 

  • A pequena Kuna

  • En camiño

  • O libro secreto da filosofía



Título
: A pequena Kuna

Texto: Mercedes Pacheco

Ilustración: Vanesa Álvarez

Editorial: Galaxia

Colección: Libros para compartir

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/a-pequena-kuna/


 

 

 


Título: En camiño

Texto: Paco Hernández

Ilustración: José Ángel Ares

Editorial: Galaxia

Colección: Novela Gráfica

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/en-camino/

 

 

 


Título
: O libro secreto da filosofía

Texto: José Carou

Ilustración: Sara Valcárcel

Editorial: Galaxia

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/o-libro-secreto-da-filosofia/


 

 

 

mércores, 15 de novembro de 2023

Convocatoria de envío de portfolios para ilustrador@s galeg@s

 


O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celebra este ano, entre 1 ao 15 de marzo, a súa XXV edición cun amplo programa que ten a MAXIA como tema central e no que participan moi diversos colectivos relacionados co libro infantil e xuvenil.


Seguindo a liña dos tres anos precedentes, o cartel da XXV edición do Salón, que terá como temática A MAXIA, realizarase en base a unha selección de portfolios de ilustradoras e ilustradores galegos que desexen candidatarse para a creación do mesmo.

   
ACCESO ÁS BASES

A XANELA DE GÁLIX. Libraría Couceiro

 


 A Libraria Couceiro, socia nº 207, de GÁLIX,  inaugurouse no 1969 na Rúa de San Pedro (Santiago). Nun primeiro momento traballou con libro de texto e algo de papelería pero logo dun cambio de ubicación para a zona nova, pasou a especializarse en libro galego.

Desde o 2007 estamos nun edificio de cinco andares na Praza de Cervantes. Aquí a nosa especialización segue a ser o libro galego pero temos xa máis espazo para outras temáticas.

O soto está adicado enteiramente a libro infantil e xuvenil, a planta baixa a libro en castelán, o primeiro andar a libro galego, o segundo a libro antigo e o terceiro a ocio e máis a libro de segunda man, xunto cun pequeno obradoiro de encadernación.

Ao longo de todo o ano, o segundo andar utilízase tamén para presentacións, charlas ou calquera outro tipo de actividade cultural.

E ademais recibimos visitas de centros escolares nas que se lles explica un pouco a historia do libro e mesmo a encadernación artesanal.


María responde ás preguntas do noso Cuestionario Lamote en nome da libraría:


  1. A libraría Couceiro ten o número 207 como socia. Por que razón se asociou a GALIX e continúa apoiando este proxecto?

    Asociámonos a GALIX porque é un proxecto moi do noso gusto, posto que promove e da visibilidade ás publicacións en lingua galega (algo que vai tamén no ADN da libraria), e sobre todo ás publicacións infantís, que son as que van dando forma aos futuros lectores adultos.

  1. Cal é a relación da libraría co libro infantil e xuvenil?

    Temos un dos nosos andares adicados a libro infantil e xuvenil precisamente porque consideramos que aos lectores hai que ilos "facendo" desde cativos,así que procuramos coidar esa parte.

  2. A respecto do libro infantil e xuvenil galego, indique moi brevemente que agarda...

    1. das institucións?

    2. das persoas mediadoras?

    3. das librarías?

    4. das feiras (galegas, estatais e internacionais)?

    5. das persoas creadoras?

    6. do Salón do Libro?

    7. do Culturgal?

    8. ...?

    Pensamos que cada quen ten o seu papel no mundo do libro e que uns non poden meterse no sitio dos outros; cada quen debe facer o seu. As feiras varias (sexan feiras, Culturgal, Salón do libro...) deben darlle visibilidade, porque a día de hoxe, con tantas publicacións, sempre hai algunhas que se nos pasan e para iso están eses espazos que poden abranguer moita máis capacidade e variedade cas librarías.

    As editoras son as que deben buscar esas publicacións para saír á rúa, e nós, consideramos que non deberían poder vender directamente,saltándose ás librarías, que son as que están en contacto directo co público.

    E as institucións deben promover e apoiar calquera actividade que vaia en beneficio de todos os grupos que conforman a literatura infantil e xuvenil, desde os e as autoras e ilustradoras até os nenos e mozos aos que chegan as publicacións.

  3. Que concepto ten das feiras do libro en relación co Libro Infantil e Xuvenil?

    Normalmente case todas as librarías acostuman a ter un espazo nas feiras adicado á literatura infantil, pero igual terían que darlle máis visibilidade.

  1. Describa a situación da ilustración galega no eido da LIXG.

Nos últimos anos foron saíndo máis ilustradores e ilustradoras así que pouco a pouco pensamos que van collendo pulo, porque é certo que a meirande parte das publicacións que había para pequenos ata hai relativamente pouco eran traducións.

  1. Como considera o papel das persoas que traballan nos procesos de tradución do Libro Infantil e Xuvenil?

    Pensamos que o seu papel é o mesmo que o das traducións para adultos, pero co engadido de que os pequenos están aprendendo, así que hai que ter un chisco máis de coidado porque un adulto pode pasar un erro por alto, sabendo que é un erro, pero os cativos poden dalo como válido.

  2. Cal é a opinión, como empresa, sobre a situación do libro infantil e xuvenil galego na actualidade?

Actualmente pensamos que está nun momento bo porque ademais das editoras galegas hai varias editoras de fora que están apostando por publicar libros tamén en galego o cal demostra que é interesante e rendible facelo.

Ao mesmo tempo é certo que tamén se están as facer publicacións autoeditadas e mesmo de editoras moi pequeniñas que só manexan un número ínfimo de títulos.

  1. Sinale a maior fortaleza e a maior debilidade do libro infantil e xuvenil galego.

A maior fortaleza é a calidade dos nosos autores e precisamente a debilidade igual é a falta de máis ilustradores infantís.

Seguramente habería que darlle tamén unha volta á parte exterior, porque se a todos nos entran as cousas polos ollos..aos cativos máis e ás veces falla esa parte.

ACCESO AO PDF