luns, 27 de novembro de 2023

Presentación de MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA en Santiago de Compostela.

  Carlos Labraña presenta este xoves, 30 de novembro, a súa obra Mambrú volveu da guerra,primeira peza en galego que recibe o Premio SGAE de Teatro Infantil polo tratamento da memoria histórica e o recoñecemento de todas as persoas esquecidas nas cunetas e muros de cemiterios, e pola calidade literaria e escénica. 

O acto terá lugar ás sete da tarde na Libraría Cronopios. O autor estará acompañado polo crítico Armando Requeixo.

O grupo Fura Fura Teatro estará ao cargo da lectura dramatizada da obra. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]