mércores, 30 de marzo de 2022

Na nosa biblioteca (283)

 

Chegou á Biblioteca de GÁLIX o primeiro libro do 2022 de Antela Editorial :
  • Luuume!


Título: Luuume!

Texto: Andrea Freire

Ilustracións: Laura Miranda Moreno

Editorial: Antela

+ info: https://antelaeditorial.com/index.php/producto/luuume/

martes, 29 de marzo de 2022

Na nosa biblioteca (282)

 

Recibimos de Cuarto de Inverno, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX, os últimos libros publicados en 2021: 

  • O segredo de Al'eume 

  • A mestra corremundos. 

  • As palabras están a mirarse arredor da mesa.

 

Texto: Pilar Ortega Pereiro

Editorial: Cuarto de Inverno

Colección: Xuvenil

IV Premio María Victoria Moreno de
Literatura Xuvenil
+ info: https://cuartodeinverno.com/libros/11/o-segredo-de-al-eume

Novas:

Cultura Galega: http://culturagalega.gal/noticia.php?id=32903

 

 

Título: A mestra corremundos

Ilustracións: Ana Varela

Editorial: Cuarto de Inverno

Colección: Infantil

+ info: https://cuartodeinverno.com/libros/8/a-mestra-corremundos

Novas:


Título: As palabras están a mirarse arredor da mesa

Ilustracións: Lidia Cao

Editorial: Cuarto de Inverno

Colección: Xuvenil

+ info: https://cuartodeinverno.com/libros/9/as-palabras-estan-a-mirarse-arredor-da-mesa

Novas:


luns, 28 de marzo de 2022

Premios Hans Christian Andersen 2022

Nos premios IBBY Hans Christian Andersen 2022 á autoría, de texto ou ilustración en literatura infantil e xuvenil considérase a calidade estética e literaria, e a innovación de toda a súa obra; e tamén a capacidade de captar o punto de vista da infancia e a xuventude e de inspirar a súa curiosidade.

O xurado internacional, presidido polo estadounidense Junko Yokota e formado por Antoine Al Chartouni, Marilar Aleixandre, Evelyn Arizpe, Mariella Bertelli, Tina Bilban, Viviane Ezratty, Jiwone Lee, Robin Morrow, Jaana Pesonen e Cecilia Repetti valorou sesenta e dous candidatos de 33 países que foron seleccionados para o Premio IBBY Hans Christian Andersen 2022 e decidiu outorgar os premios desta edición a:

  • A escritora francesa Marie-Aude Murail que ten unha cumprida obra na que o xurado destaca a seriedade coa que observa o mundo e o humor e optimismo solidario que abre fiestras aos grandes temas da sociedade contemporánea.

  • Da ilustradora coreana Suzy Lee o xurado subliña o refinado estilo co que conta as historias máis serias, presentadas coma un xogo alegre, que cobran vida a través de imaxes.

 

xoves, 24 de marzo de 2022

Catálogo GÁLIX. Libros Infantís e Xuvenís 2022

 Xa está dispoñible o catálogo GÁLIX cada ano elaboramos cos títulos de literatura infantil e xuvenil publicados en Galicia no ano anterior que elaboramos recollendo as publicacións das editoriais galegas nos informan ao longo do ano anterior.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e GÁLIX coeditan esta publicación trilingüe para dar a coñecer no exterior as novidades editoriais galegas dirixidas ao público máis novo.

Anxo M. Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, X.Antonio Perozo, Presidente de GÁLIX e Cristina Rubal, Subdirectora Xeral de Bibliotecas  presentaron o martes pasado o novo catálogo, coa ilustración de cuberta de Antonio Seijas e coordinado por Mercedes Pacheco.

A obra vaise distribuír nas cinco feiras do libro do ano na que Galicia terá presenza. Está xa na Feira Internacional do Libro de Boloña que se está a celebrar na semana do 21 ao 24 de marzo, onde Galicia conta cun expositor propio para dar a coñecer a produción LIX do noso país e impulsar reunións comerciais con axentes do sector procedentes de todo o mundo.

O texto que agora compartimos pretende ser de utilidade para todas as persoas relacionadas coa LIX no campo da creación, a mediación e tamén da produción e difusión que nestes tempos ven dificultado o seu labor.

Podes descargar o documento nos espazos web de GÁLIX:

 


O programa Pinnguaqta, centrado nos valores inuit, recibe o Premio ALMA (Astrid Lindgren Memorial Award) 2022

Publicáronse os premios internacionais Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA ), outorgado anualmente polo goberno sueco e que naceron coma homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas e que cunha dotación de 500.000 € son os galardóns internacionais de literatura infantil e xuvenil máis importantes do mundo.

Nestes premios recoñécese o traballo dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil e pode recaer tanto nunha organización coma nun persoa individual. GÁLIX presentara, para esta edición, as candidaturas da Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia, como organización que promove a lectura e de Paula Carballeira como autora.

O xurado formado por Constanza Mekis (Chile), Doris Breitmoser (Alemaña), Elena Pasoli (Italia), Basarat Kazim (Paquistán), Sophie Hallam (Reino Unido) e Sylvia Vardell (EEUU) como presidenta, concedeu este premio ALMA ao proxecto Pinnguaqta,un programa de educación infantil comunitario inclusivo e culturalmente significativo que está deseñado e centrado nos valores sociais inuit que está incluído dentro do Ilitaqsinniq, Iniciativa de Alfabetización Interxeracional e Familiar (Consello Literario Nunavut) de Canadá.

Valorou que se trata dun programa con impacto real sobre os destinatarios previstos e avaliable obxectivamente. E tamén que leva en funcionamento máis de dous anos, con fontes de financiamento propias. Considera que é un proxecto orixinal e innovador que pode ser modelo para outras posibles iniciativas.



luns, 21 de marzo de 2022

Travesía unicornio, de María Canosa é o primeiro Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia

Travesía unicornio, de María Canosa é o primeiro Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia.

A autora, comprometida de sempre coa lingua, conta cunha obra considerable no eido da narrativa e a poesía; como muller de formación científica que é, escribe tamén textos de divulgación, dos que tanta falta temos. Aínda que a maioría dos seus libros están dirixidos ao público infantil e xuvenil, colabora habitualmente na prensa escrita e ten publicada obra para adultos.

El próximo domingo 27 de marzo farase entrega do galardón nun acto que se celebrará na Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces), ás 17.30 horas.

O xurado destaca o valor literario da peza que se vai desenvolvendo cara o absurdo. Sinala tamén o tratamento de temas como a amizade, a condición de xénero, a identidade ou a diferenza.

A obra, como se estipulaba nas bases, será publicada por Edicións Embora.

 

Homenaxe a Marica Campo e Xosé Cobas no Salón do libro de Pontevedra.

 O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil recoñece cada ano o traballo dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil.

Nesta XXIII edición, que ten como lema "Con moita arte" e como cultura convidada a Euskadi, o salón rende homenaxe a

Marica Campos, escritora lucense e socia de GÁLIX e ao gran ilustrador, e socio de GÁLIX, Xosé Cobas, ambos os dous recoñecidos polo seu labor pioneiro e militante para crear e dignificar a literatura infantil e xuvenil galega.

domingo, 20 de marzo de 2022

Contar sen palabras. Faladoiro creativo.

 Son libros silandeiros os libros ilustrados sen palabras que poden ser lidos, entendidos, independentemente do idioma. Aínda que teñan diferente complexidade na trama ou na estrutura, estas obras comparten a característica de narrar sen palabras. 

O vindeiro martes , 22 de marzo, ás 19:30, dentro das actividades que desenvolve o Salón Internacional do Libro de Pontevedra, terá lugar o acto Contar sen palabras: os libros sen texto, tamén para adultos, unha mesa redonda sobre libros silenciosos que moderará Pilar Sampedro, Vicepresidenta de GÁLIX e experta en literatura infantoxuvenil e na que participarán Carme Hermo e Jorge Campos, dúas persoas que teñen publicadas obras de referencia como son os álbums Man de Camelle e Alter Nativo.