luns, 27 de xaneiro de 2020

Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020

A Editorial Galaxia convocou a cuarta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020 para autores e autoras menores de 35 anos que presenten obras orixinais e inéditas en lingua galega co obxectivo de estimular a creación literaria entre as persoas máis novas.
O 15 de febreiro de 2020 remata o prazo para presentar orixinais.

Un poema na túa voz

Polo DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso «Un poema na túa voz».
Os nosos obxectivos son:
  • Incentivar a lectura do xénero poético entre o lectorado infantil e xuvenil.
  • Estimular a expresión oral en lingua galega
  • Contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.
Neste concurso premiaremos as gravacións de poemas galegos na voz de lectoras e lectores de 6 a 14 anos.
Para participar deberán enviar un audio a través da súa biblioteca escolar ou pública ou dunha librería.
Acceso á toda a documentación do concurso:
 

Bases 
Ficha de datos
Modelo de autorización 


 Agradecemos a colaboración das editoras: Xerais, Galaxia, Baía Edicións, Edicións Moito Conto e OQO Editora, e tamén da Consellería de Cultura e Turismo.

sábado, 25 de xaneiro de 2020

Día da Ilustración 2020

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase en Galicia o Día da Ilustración, iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), .
Esta celebración quere dar visibilidade ao labor das ilustradoras e ilustradores galegos e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural.
O cartel da edición deste ano foi elaborado por Xulia Pisón.
 
 O ilustrador homenaxeado este ano 2020 será Cándido Fernández Mazas.

A Rede de Bibliotecas de Galicia organiza, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, a exposición "Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera" e ten previsto un completo programa de actividades para homenaxear a este autor e difundir o papel da ilustración con exposicións, obradoiros, conferencias e mesas redondas.

xoves, 23 de xaneiro de 2020

Convocatoria dos premios Xerais 2020

Edicións Xerais de Galicia vén de convocar os seus premios de Literatura infantil e xuvenil galega para o ano 2020.

    • Textos orixinais e inéditos. 
    • Presentados en lingua galega, conforme á normativa vixente. 
    • Baixo lema e sen ningún tipo de dato que identificativo.

Podes consultar as bases na propia web da editora.

Na nosa biblioteca (198)

Recibimos de Edicións Xerais como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • Mariña e o balón
  • Tres catorce dezaseis
  • Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso

Título: Mariña e o balón
Texto: Pere Tobaruela
Ilustracións: Pablo Rosendo
Editorial: Xerais
Colección: Merlín
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092290

Texto:Rocío Leira
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de Xogo
+ info:https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092187

mércores, 22 de xaneiro de 2020

Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia IV. Mediación lectora

O día 3 de febreiro teremos o pracer de celebrar, un ano máis, a cuarta edición das Xornadas GÁLIX. Desfacendo a raia.

GÁLIX ten como obxectivo a promoción da cultura e a lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil, e unha das súas funcións é prestar asesoramento en temática LIX. Sabedores da importancia da mediación na difusión da LIX galega e na formación de lectoras e lectores, recabamos a colaboración de persoas expertas no tema desde diferentes ámbitos para a celebración desta xornada
Esta actividade formativa conta coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, terán lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, no Campus a Xunqueira, en Pontevedra.
A xornada retransmitirase en directo desde a ligazón de

domingo, 19 de xaneiro de 2020

Na nosa biblioteca (197)

Recibimos da editorial Kalandraka, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • Ninguén coma min [Autobiografía dun tirano]
  • Que fai falta?


Título: Que fai falta?
Texto: Gianni Rodari
Ilustracións: Silvia Bonanni
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes
+info:http://www.kalandraka.com/ga/coleccions/nome-coleccion/detalle-libro/ver/que-fai-falta/
Novas:

sábado, 18 de xaneiro de 2020

Premios Fervenzas Literarias 2019

 
A revista de literatura galega Fervenzas Literarias, ven de publicar os mellores libros do 2019 elexidos por votación das lectoras e lectores
 
En Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), resultaron gañadores:

Mellor libro de literatura xuvenil: Os corpos invisibles de Emma Pedreira, en Ed. Xerais.
 
Mellor capa de LIX: Amani de Miguelanxo Prado (Retranca editora)
Nas bibliotecas escolares están lendo tamén:
  • Feliz Idade de Olga Novo elexido como mellor libro de poesía.
As lectoras e lectores consideran que o mellor evento literario do ano 2019 foi a concesión do premio estatal de poesía a Pilar Pallarés
Como peor acontecemento do ano resultou gañadora a Política cultural e lingüística da Xunta.