Este libro encantoume (decembro 2019)
Publicado por GÁLIX | 4.12.19
Deixa un comentario
Encantoume
O Grupo
porque é un libro no que a autora An Alfaya expresa xa dende a
dedicatoria cales son as súas intencións,solidarizarse con aquelas
persoas que son vulnerábeis, e como pese a todo son quen de resistir
e medrar na adversidade.
Comeza
a novela contándonos quen é Sandra, unha psicóloga e traballadora
social,que coordina un grupo de cinco adolescentes no Centro Cívico
do seu barrio,todos eles teñen problemas de integración social e
autoestima. Unha vez a semana acoden a un encontro con Sandra,
seguindo o consello de persoas que os queren.
A
través dos protagonistas, a autora nos irá relatando as eivas da
sociedade con aqueles que padecen discriminación.
Antón
sufre polo seu aspecto físico e busca amaneira de fuxir do seu
problema atopando refuxio na escuridade dun cine ou do seu cuarto.
Carla
é unha moza loitadora e reivindicativa que vive a violencia de
xénero na súa propia casa.
Amina,unha
moza marroquina, soporta estar discriminada por ser doutro país, por
ter outros costumes…
Runa
está postrada nunha cadeira de rodas, ela sabe o que é depender dos
demais no día a día para moverse por unha cidade chea de barreiras
arquitectónicas.
E
por último Nico, a orixe da súa discriminación é a súa
orientación sexual.
Sandra
pretende que os cinco se sintan cómplices do proxecto,nun espazo de
liberdade, de medre persoal e sobre todo de respecto as diferenzas,
sabe das dificultades de expresar emocións propias, e o difícil que
é superar as barreiras e verbalizar os conflitos; ela mesma debido a
unha ferida aínda sen resolver sintese insegura e dúbida con
respecto a capacidade profesional para levar o Grupo, pero pese aos
seus medos,considera que o esforzo pagara a pena e quere intentalo.
An
Alfaya é unha autora que escriba o que escriba os seus textos sempre
teñen un forte compromiso social, forma parte da súa
identidade,contando fondas e reflexivas historias cheas de emocións,
non dorme na comodidade, e sempre está buscando un cambio na
percepción da realidade dunha maneira amena, ben construída é
lírica.
Helena
Pérez Fernández
GÁLIX
aporta cada mes unha
reseña feita por algún socio para a sección Este
libro encantoume da
OEPLI,
ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as
recomendacións das seccións
aquí,
na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no
noso blog (bota un
ollo na barra lateral!). Se queres colaborar
coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos
contactar.
0 comentarios:
[Comentario blog]