GÁLIX estivo esta fin de semana no Culturgal, feira na que se dan cita todas as empresas e asociacións que traballan no eido cultural en Galicia.

Coma
en anteriores ocasións, milleiros de persoas asistiron a este
encontro para coñecer que se está a facer en Galicia en galego.
A
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX),
que traballa na promoción e divulgación da literatura infantil e
xuvenil galega, non podía faltar a este
evento.
O
domingo, 1 de decembro, presentamos a asociación no Espazo Foro:
Xosé Antonio Perozo, falou da súa historia e a súa estrutura; Pilar Sampedro explicou as súas funcións e deu conta das súas actividades e dos materiais e recursos da asociación en formato físico e dixital; Antonio Seijas, centrou a súa alocución traballo de GÁLIX no campo da ilustración e na defensa da autoría das ilustradoras e ilustradores.
Xa
ao mediodía, Carmen Fouces, Concelleira
de Cultura
de Pontevedra,
e Xosé A. Perozo, presidente de GÁLIX, presentaron o
cartaz gañador do III
Premio Internacional de Ilustración,
que será a imaxe do XXI
Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Fixeron
entrega do galardón á gañadora do certame, Susana Suniaga, e
presentaron as imaxes finalistas que formarán parte do almanaque do
Salón do Libro 2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]