
A
súa obra "O can de Milu" acaba de ser editada por
Kalandraka nas cinco linguas oficiais peninsulares: galego, castelán,
catalán, éuscaro e portugués e
inglés.
A
cerimonia, conducida pola responsable do Departamento de Educación,
Beatriz Varela, contou coas intervencións de Xosé Ballesteros,
director da editorial Kalandraka
e do alcalde de Santiago de Compostela Xosé Sánchez Bugallo.
Xosé
Ballesteros dedicou parte da súa alocución a reivindicar a cultura
coma un ben de primeira necesidade e
destacou o
valor das linguas como vehículo de cultura en condicións de
igualdade.
Sánchez
Bugallo destacou o valor da diferencia, o enriquecemento da
diversidade.
Os
dous, Ballesteros e Bugallo, coincidiron en lembrar a figura do
finado José Manuel
Rodríguez-Abella que foi pedagogo municipal, xefe do departamento de
Educación do Concello e impulsor do Premio Internacional Compostela
de Álbum Ilustrado.
O
acto estivo amenizado por interludios musicais a cargo do cuarteto de
trompas da Escola Municipal de Música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]