Hai un mes
informábamosvos da elección das gañadoras do concurso
Adopta un animal de conto do
DILI 2016 e este mes traémosvos a nova da
celebración do acto de entrega de premios organizada pola OEPLI e GÁLIX como unha das súas seccións
.
Este acto terá lugar o próximo martes,
21 de xuño, ás 18:30 na
Biblioteca Pública Municipal "Os Templarios" de Cambre.
Cada unha das premiadas recibirá
un diploma acreditativo e un lote de libros. As bibliotecas que presentaron os traballos recibirán tamén
cadanseu lote de libros. Dende GÁLIX estamos especialmente orgullosos da alta participación galega neste concurso, con 131 debuxos en total nas tres categorías.
Lembrámosvos cales foron as rapazas gañadoras e os seus debuxos:
 |
PRIMEIROS LECTORES
Claudia Sande Bahamonde
O meu gato é un poeta, de Fran Alonso (Ed. Xerais)
2º Primaria, BMP de Valdoviño (A Coruña) |
 |
LECTORES AVANZADOS
Noa Fernández Curra
Das cousas de Ramón Lamote, de Paco Martín (Ed. SM)
4º Primaria, Biblioteca Pública del Estado Antonio Odriozola (Pontevedra) |
 |
SUPERLECTORES
Nerea Tomé Regueiro
Dúas bágoas por Máquina, de Fina asalderrey. (Xerais)
1º ESO, Biblioteca Púbica Municpal Os Templarios. Cambre (A Coruña)
|