Día Internacional do Libro Infantil 2016

Publicado por | 17.2.16 Deixa un comentario

Como saberedes, o 2 de abril, para conmemorar o nacemente de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil.

Cada ano, a OEPLI e as súas catro seccións, entre as que se encontra GÁLIX, traballan para celebrar este día no maior número de lugares de toda España.

Nas actividades deste día animamos a participar a centros escolares, bibliotecas e librarías na difusión da mensaxe da escritora Luciana Santori e do cartel do ilustrador Ziraldo que este ano preparou a sección brasileira do IBBY. [Podes descargar a mensaxe en pdf aquí].


[DESCARGA: Carta de convite a bibliotecas e librarías / Carta de convite a centros docentes ]

Ademais, co gallo desta data, organizaranse sesións de contacontos, encontros con autores/as, etc. e, por suposto, o concurso anual. Este ano, o concurso chámase "Adopta un animal de conto".

[DESCARGA: Bases do concurso "Adopta un animal de conto"]

As librarías e bibliotecas poden adherirse a estas iniciativas a través da web da OEPLI neste enderezo.

GÁLIX será a encargada de coordinar estas iniciativas en Galicia e celebraremos, no seu momento, a entrega de premios para os/as rapaces/as que participen no concurso.
Descarga aquí: 
o cartel e o folleto (imaxe e mensaxe).

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]