martes, 28 de xuño de 2016

Así foi a entrega de premios do DILI 2016



Como vos anunciaramos, o pasado martes celebramos a entrega dos premios ás gañadoras do concurso Adopta un animal de conto do DILI 2016.

O acto, organizado pola OEPLI e GÁLIX como unha das súas seccións celebrouse o 21 de xuño na Biblioteca Pública Municipal "Os Templarios" de Cambre, coa presenza do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e o noso vicepresidente, Antonio Seijas.

Cada unha das premiadas recibiu un diploma acreditativo e un lote de libros. As bibliotecas que presentaron os traballos recibiron tamén cadanseu lote de libros. Dende GÁLIX estamos especialmente orgullosos da alta participación galega neste concurso, con 131 debuxos en total nas tres categorías.

Bota aquí un ollo á reportaxe do acto emitida pola TVG.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]