Entrega de premios do concurso Adopta un animal de conto do DILI 2016

Publicado por GÁLIX | 15.6.16 Deixa un comentario


Hai un mes informábamosvos da elección das gañadoras do concurso Adopta un animal de conto do DILI 2016 e este mes traémosvos a nova da celebración do acto de entrega de premios organizada pola OEPLI e GÁLIX como unha das súas seccións.

Este acto terá lugar o próximo martes, 21 de xuño, ás 18:30 na Biblioteca Pública Municipal "Os Templarios" de Cambre.

Cada unha das premiadas recibirá un diploma acreditativo e un lote de libros. As bibliotecas que presentaron os traballos recibirán tamén cadanseu lote de libros. Dende GÁLIX estamos especialmente orgullosos da alta participación galega neste concurso, con 131 debuxos en total nas tres categorías.

Lembrámosvos cales foron as rapazas gañadoras e os seus debuxos:


PRIMEIROS LECTORES 

Claudia Sande Bahamonde
O meu gato é un poeta, de Fran Alonso (Ed. Xerais)
2º Primaria, BMP de Valdoviño (A Coruña)
LECTORES AVANZADOS

Noa Fernández Curra 
Das cousas de Ramón Lamote, de Paco Martín (Ed. SM)
4º Primaria, Biblioteca Pública del Estado Antonio Odriozola (Pontevedra)
SUPERLECTORES

Nerea Tomé Regueiro
Dúas bágoas por Máquina, de Fina asalderrey. (Xerais)
1º ESO, Biblioteca Púbica Municpal Os Templarios. Cambre (A Coruña)



Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]