O sábado 4 de xuño puidemos asistir na illa de San Simón á entrega dos Premios Xerais 2016, unha cita, coma sempre, ilusionante e inesquecible.
Nesta gala, gozamos co discurso da mantedora Ledicia Costas que nos emocionou co agasallo que foron as súas palabras para as diferentes xeracións de creadores e creadoras de Galicia.
Logo, por fin, no momento máis esperado, coñecemos aos gañadores dos premios:
- O Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil foi para Iria Misa, pola súa obra Xa non estou aquí.
- O Premio Merlín de Literatura Infantil foi para David Pérez Iglesias, pola obra Todo o tempo do mundo.
Por outra banda, o Premio de Novela levouno Manuel Esteban por A ira dos mansos.
A nosa máis sincera noraboa aos premiados!
Podes ler toda a información sobre os premios aquí.
Os premios nos medios aquí.
O discurso completo de Ledicia Costas, aquí. Na biblioteca de GÁLIX podes consultar un exemplar físico asinado pola autora.
Máis sobre a gañadora do Jules Verne 2016.
Máis sobre o gañador do Merlín 2016.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]