luns, 30 de xuño de 2025

Na nosa biblioteca (460)

 

 Novas achegas de Editorial Galaxia para a Biblioteca de GÁLIX, :

  • Historias do Páramo

  • Cando marchan as luces


 

 

Título: Historias do Páramo   

Texto: Senande (Alexandre Senande Días)

Ilustración: Pjota (Pablo José González Rodríguez)

Editorial: Galaxia
Colección: Banda deseñada

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/historias-do-paramo/

 

 

 

 

TítuloCando marchan as luces
Texto: Amalia Blanco Pose

Editorial: Galaxia
Colección: Literaria Ronsel

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/cando-marchan-as-luces/

 

 

 

 

mércores, 25 de xuño de 2025

Na nosa biblioteca (459)

 

 

 

Recibimos novidades de Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX:

 

 

  • A pequena osa quere xogar

  • Noa e a cidade sen maxia

  • Curriño. Fama ou fuga

  • Véndoche un poema.



Título: A pequena osa quere xogar

Texto: Iago López
Ilustración: Olaya Naveira

Editorial: Xerais
Colección: Álbum Ilustrado

+ info: https://www.xerais.gal/libro/album-ilustrado/a-pequena-osa-quere-xogar-iago-lopez-9788411106849/





Título
: Noa e a cidade sen maxia

Autora: Angie Roa

Editorial: Xerais
Colección: CÓMIC

+ info: https://www.xerais.gal/libro/comic/noa-e-a-cidade-sen-maxia-angie-roa-9788411106818/


 

 

 

 

Título: Curriño. Fama ou fuga 
Texto: Ledicia Costas

Ilustración: Mili Koey

Editorial: Xerais

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-6-anos-en-diante/currino-fama-ou-fuga-ledicia-costas-9788411106825/


 

 


Título: Véndoche un poema

Autor: Fran Alonso

Editorial: Xerais
Colección: Camaleón

+ info: https://www.xerais.gal/libro/camaleon/vendoche-un-poema-fran-alonso-9788411106832/

 

 

 

 

martes, 17 de xuño de 2025

Rescate en audio 6. Cando petan na porta pola noite

 

Nesta ocasión Pilar Sampedro decidiu rescatar outro dos clásicos da nosa LIX: Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo; editado no 1994 por primeira vez, vén reeditándose dende aquelas con regularidade.

Acadou o Premio Rañolas en 1994.

En 1995 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

Entrou na Listaxe de Honra do IBBY 1996, selección bienal de libros destacados, publicados en todos os países membros da organización.



Fondo musical, 40 segundos: Afonso, João (2002) Sem Abrigo (Nas Cidades De Ninguém) en Zanzibarm, Universal Music Portugal SA



 

 

sábado, 14 de xuño de 2025

Convocatoria dos Premios Lazarillo 2025 de Álbum Ilustrado e Creación literaria

O Lazarillo é o concurso máis antigo en Literatura Infantil e Xuvenil, que se vén celebrando desde o 1958.

Convocado nas súas primeiras edicións polo extinto Instituto Nacional del Libro Español, desde 1986 ven sendo a OEPLI, e as súas seccións territoriais GÁLIX, Galtzagorri, CIBBYCat e Consejo General del Libro, a encargada da convocatoria do premio.

O certame conta co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e de MacDonald’s

O premio Lazarillo convócase nas modalidades de “Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado” e “Creación literaria”.


 

ACCESO ÁS BASES DE CREACIÓN LITERARIA

  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.

  • En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)

  • Destinadas ao lectorado xuvenil, maior de 12 anos.

  • O premio ten unha dotación de 6000€.

  • O prazo de entrega remata o 30 de xullo de 2025.



ACCESO ÁS BASES DE ÁLBUM INFANTIL E XUVENIL ILUSTRADO

  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Destinadas ao público infantil ou xuvenil.

  • Formato máximo, DIN A-2.

  • Extensión máxima de 32 páxinas.

  • Cunha dotación de 6.000€

  • O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2025.


Os xurados emitirán os veredictos no mes de decembro de 2025 e a proclamación e máis a entrega dos premios terá lugar no primeiro trimestre de 2026.

martes, 3 de xuño de 2025

Catálogo OEPLI 2024

 

Vén de publicarse o catálogo que cada ano elaboramos na OEPLI as catro seccións de ámbito lingüístico que a conforman, nas que están representados todos os sectores do mundo do libro, da creación e da mediación: escrita, ilustración, edición, librerías, bibliotecas, crítica, ensino, etc. que valoraron cada un dos títulos seleccionados.

No catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2024, recollemos unha selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís publicados no ano 2024 nas catro linguas representadas na OEPLI polas seccións: GÁLIX, IBBYCat, Galtzagorri e Consejo. Son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente.

O catálogo está dispoñible nos espazos web de GÁLIX:

 

 

 

domingo, 1 de xuño de 2025

Este libro encantoume! Xuño 2025

 


Xuñ
o 2025

Recomendamos Os ecos do vento de Antonio García Teijeiro

 

 

 

Cando Os ecos do vento chegou ás miñas mans intuín que me atopaba ante un atinado agasallo para a cativada lectora. O suxestivo título deste poemario de Antonio García Teijeiro, unido á máxica ilustración que Noemí Villamuza elixiu para a portada, convidaban a ceibar o noso maxín, a descubrir outros mundos, outros tempos, outras voces. Como fai saber o propio autor no poema introdutorio desta obra incluída na Colección Poesía Ilustrada da Editorial Kalandraka, o libro está tecido “cun monllo de poemas como homenaxe a toda esa beleza que me leva emocionando dende hai tempo”.


A primeira composición, inspirada en Juana de Ibarbourou, poeta uruguaia de orixe galega, anuncia os poemas posteriores e inclúe o verso que titula o libro: “E cantan calando/ E calan cantando/ os ecos do vento/ nas noites de maio” (en alusión aos paxaros). A partir de aí, a través destas páxinas somos quen de abrir as fiestras de poetas coma Gabriela Mistral, que nos invita a pairar coa nena andoriña que “voaba no deserto/ confundida, despistada/ polas liñas do incerto”. Ou de Laura Devetach, mestra rural e xornalista cuxos libros foron prohibidos durante a ditadura arxentina, que nos fai perseguir “unha vella moi velliña/ (que) corre pola rúa/ tras dunha mazá”.

Este mesmo exercicio, en parte literatura, en parte pedagoxía, rende homenaxe a poetas que merecen pasar á historia das letras coma referentes: María Cristina Ramos, Mercedes Calvo, María Elena Walsh, María José Ferrada, Cecilia Pisos, Beatriz Giménez de Ory, María Teresa Andruetto ou Gloria Fuertes. A nosa Rosalía non podía faltar a esta cita de versos que brúan nos ecos do vento, desta volta vestida coma “unha moza namorada/ que quere fuxir do inverno”.

Un libro moi recomendábel para convidar o público infantil a descubrir a poesía a través de diálogos fermosamente ilustrados con mulleres poetas cuxa vida e obra desprenden inspiración. Un poemario luminoso, feminino, musical. Poesía necesaria.

Claudia Castro




GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.