venres, 18 de abril de 2025

CATÁLOGOS GÁLIX DE LITERATURA EN GALEGO

 


Xa está dispoñible o catálogo que elabora GÁLIX cos títulos de literatura infantil e xuvenil en galego publicados en Galicia durante o 2024.

 


A ilustración de portada deste ano é da autoría de Luz Beloso que quixo deixar nela unha agarimosa lembranza do finado Bernardino Graña a quen tanto debe a nosa LIX.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), coeditan esta publicación trilingüe para dar a coñecer na Feira Internacional do Libro de Boloña as novidades editoriais galegas dirixidas ao público máis novo.

DESCARGA O CATALOGO

 

Publicamos, tamén coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, o Catálogo GÁLIX de tradución 2023 cunha fermosa cuberta ilustrada por María Montes; cunha fermosa cuberta ilustrada por María Montes, esta publicación recolle a literatura de ficción e non ficción para lectorado infantil e xuvenil traducido ao galego. .

 DESCARGA O CATÁLOGO


 

 

 Con estas dúas publicacións anuais, que estarán abertas e descargables permanentemente no blog, pretendemos recoller a totalidade da literatura de ficción e non ficción en galego para o lectorado infantil e xuvenil.

Lembra que podes acceder a este e os catálogos anteriores na páxina de recursos, na sección Catálogos, guías e recursos online, ao final da páxina e no taboleiro correspondente de Catálogos GÁLIX do noso Pínterest

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]