martes, 29 de abril de 2025

Na nosa biblioteca (453)

 


Recibimos novidades de Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX:


  • De príncipes, princesas e outras andrómenas

  • A escola robot

  • Dúas bágoas por Máquina


 

Título: De príncipes, princesas e outras andrómenas

Texto: Miguel Alonso Diz
Ilustración: Luz Beloso

Editorial: Xerais
Colección: Merlín

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-11-anos-en-diante/de-principes-princesas-e-outras-andromenas-miguel-alonso-diz-9788411106665/






Título
: A escola robot
Texto: Anxo Fariña
Ilustración: Anxo Fariña

Editorial: Xerais
Colección: Merlín

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-9-anos-en-diante/a-escola-robot-anxo-farina-9788411106696/





Título: Dúas bágoas por Máquina (reedición)
Texto: Fina Casalderrey
Ilustración: Víctor Rivas

Editorial: Xerais
Colección: Merlín

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-11-anos-en-diante/duas-bagoas-por-maquina-fina-casalderrey-9788411106689/

 


venres, 18 de abril de 2025

CATÁLOGOS GÁLIX DE LITERATURA EN GALEGO

 


Xa está dispoñible o catálogo que elabora GÁLIX cos títulos de literatura infantil e xuvenil en galego publicados en Galicia durante o 2024.

 


A ilustración de portada deste ano é da autoría de Luz Beloso que quixo deixar nela unha agarimosa lembranza do finado Bernardino Graña a quen tanto debe a nosa LIX.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), coeditan esta publicación trilingüe para dar a coñecer na Feira Internacional do Libro de Boloña as novidades editoriais galegas dirixidas ao público máis novo.

DESCARGA O CATALOGO

 

Publicamos, tamén coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, o Catálogo GÁLIX de tradución 2023 cunha fermosa cuberta ilustrada por María Montes; cunha fermosa cuberta ilustrada por María Montes, esta publicación recolle a literatura de ficción e non ficción para lectorado infantil e xuvenil traducido ao galego. .

 DESCARGA O CATÁLOGO


 

 

 Con estas dúas publicacións anuais, que estarán abertas e descargables permanentemente no blog, pretendemos recoller a totalidade da literatura de ficción e non ficción en galego para o lectorado infantil e xuvenil.

Lembra que podes acceder a este e os catálogos anteriores na páxina de recursos, na sección Catálogos, guías e recursos online, ao final da páxina e no taboleiro correspondente de Catálogos GÁLIX do noso Pínterest

martes, 15 de abril de 2025

Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil nas Aulas Hospitalarias

 

Un ano máis conmemoramos o nacemento de Hans Christian Andersen celebrando, o 2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil.


Por mor desta celebración a OEPLI, GÁLIX e as súas outras seccións animan a centros escolares, bibliotecas e librarías a realizar actos de fomento da lectura e participar na difusión da mensaxe e cartel que este ano se preparou dende a sección de Paises Baixos do IBBY, escrito por Rian Visser, ilustrado por Janneke Ipenburg e traducido ao galego por Mercedes Pacheco.

 

GÁLIX organiza sempre algunha actividade para festexar esta data. Nesta ocasión decidimos levar a ilustración infantil ás aulas hospitalarias.

 

Na aula hospitalaria de Santiago desenvolvimos unha actividade de ilustración a cargo de Blanca Millán baixo o título: “Eu tamén son un personaxe de conto".

Na aula hospitalaria de Vigo foi Anxo Fariña o encargado da realización do obradoiro de creatividade e ilustración.
Dende GÁLIX queremos agradecer a magnífica recepción das aulas hospitalarias a unha iniciativa que agardamos teña continuidade nos próximos anos grazas ao apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Rescate en audio 4. Os ecos do lume

 

Álex Mene, escritor e artista multidisciplinar, é licenciado en Comunicación Audiovisual, doutor en en Belas Artes e profesor de cultura audiovisual e fundamentos da arte no IES Alexandre Bóveda.

Esta sección está dedicada a rescatar libros galegos de calidade con máis de tres anos de antigüidade para evitar perdelos no esquecemento. Como socio de GÁLIX, Álex Mene rescata Os ecos do lume, un libro libro escrito e ilustrado por Anxo Fariña publicado por Edicións Xerais de Galicia, na colección Merlín, en 2019

Noa é unha adolescente actual que perde ao seu irmán pequeno dentro dunha mámoa mentres ela atende ao seu móbil sen poñer atención ao neno.

A busca será unha viaxe iniciática, un proceso de maduración no que chega a comprender que no mundo todo todo está relacionado e que todos somos responsables da saúde do planeta.

mércores, 9 de abril de 2025

Na nosa biblioteca (452)

 


 

Chegaron á Biblioteca de GÁLIX, como doazón da editorial, as novidades de Kalandraka

 

 


  • Un ano enteiro

  • Unha caixa misteriosa

  • O tranvía número Flor




Título Un ano enteiro

Autora: Leo Leonni

Tradución: Xosé Manuel González

Editorial: Kalandraka

Colección: Tras os montes

+ info: https://kalandraka.com/un-ano-enteiro-galego.html






Título
: Unha caixa misteriosa

Texto: Jordi Gastó
Ilustración: Christian Inaraja

Tradución: Xosé Manuel Ballesteros

Editorial: Kalandraka

Colección: Acartonados

+ info: https://kalandraka.com/unha-caixa-misteriosa-galego.html




Título: O tranvía número Flor

Texto: Federico Delicado
Ilustración: Guia Risari

Tradución: Xosé Ballesteros

Editorial: Kalandraka

Colección: Demademora

+ info: https://kalandraka.com/libros/album-ilustrado/obras-de-autor-a.html