sábado, 29 de marzo de 2025

O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL ENTRÉGANSE OS PREMIOS LAZARILLO EN PONTEVEDRA

 

O vindeiro 2 de abril conmemoraremos o nacemento de Hans Christian Andersen coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil que promove o IBBY (International Board on Books for Young People) tal e como se leva facendo dende 1967.

A OEPLI e GÁLIX, xunto co resto das seccións da OEPLI, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte promoven a celebración deste día coa entrega do Premio Lazarillo en Pontevedra


Paises Baixos é, no 2025, a sección sobre a que recae a responsabilidade de elaborar a mensaxe e a imaxe que representa este evento a nivel mundial.
Rian Visser e a ilustradora Janneke Ipenburg foron as persoas encargadas nesta ocasión do cartel e a mensaxe, que, traducida a todas as linguas presentes na organización, difundiremos a nivel internacional. 

 

Linguaxe visual  


Podes debuxar algo

para as palabras,

para as cousas que digo?

Daquela, debuxa

un buraco no día

o frío,

o vento,

un nó na gorxa

ou a mala sorte,

debuxa unha tose,

un suspiro,

o aroma a pan fresco,

o tempo,

o instante,

o principio ou a fin

dun plan,

debuxa ese lugar onde algún día,

ese lugar onde nunca,

ese lugar onde despois

ocorrerá algo,

debuxa a dor dun empurrón,

o sabor do mar.

Gustaríame ver tantas

cousas,

o amor, por exemplo,

máis tarde,

algún día e quizais.

Fai debuxos

para o meu poema,

pero con liberdade:

estas palabras que saíron da miña boca

son para ti.


Rian Visser

Tradución: Mercedes Pacheco


Bibliotecas escolares e públicas, librarías e outras entidades adoitan celebrar esta data organizando exposicións, encontros con autores/as e ilustradores/as, presentacións de libros e actividades diversas de lectura.

Acceso aos materiais para que poidades descargalos e usalos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]