luns, 31 de marzo de 2025

A lectura inclusiva. Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia XV

 

Celebramos xornadas Desfacendo a Raia dedicadas a Lectura inclusiva organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación e Formación Profesional e Deportes e , e a Facultadede Cencias de Educación da USC.

A lectura é unha necesidade e unha fonte de pracer, pero máis do que todo, é un dereito, coincidiron en reivindicar varias das relatoras; un dereito ao que non ten acceso unha porcentaxe moi significativa da poboación.

Detectamos un déficit de textos inclusivos en galego, unha circunstancia que supón, en moitas ocasións, unha dobre discriminación.

Nestas xornadas quixemos coñecer as carencias, as posibilidades e os formatos de lectura inclusiva e informármonos do que é Lectura Fácil e como usala

Na primeira sesión procuramos un achegamento á situación en Galicia da man de Ivana Gómez Abuín e unha mesa que presentou as perspectivas da edición, a creación e o lectorado. Na segunda sesión interesámonos pola situación dos centros educativos a través das bibliotecas escolares para coñecer as necesidades e recursos para a inclusión.

Na terceira sesión tivemos un relatorio de revisión do material existente e a necesidade de traballar o tema na formación inicial de docentes. E outro sobre Lectura Fácil: a asociación, a súa utilidade, as súas funcións, as condicións de adaptación dos textos, a formación, o lectorado. 


 

sábado, 29 de marzo de 2025

O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL ENTRÉGANSE OS PREMIOS LAZARILLO EN PONTEVEDRA

 

O vindeiro 2 de abril conmemoraremos o nacemento de Hans Christian Andersen coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil que promove o IBBY (International Board on Books for Young People) tal e como se leva facendo dende 1967.

A OEPLI e GÁLIX, xunto co resto das seccións da OEPLI, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte promoven a celebración deste día coa entrega do Premio Lazarillo en Pontevedra


Paises Baixos é, no 2025, a sección sobre a que recae a responsabilidade de elaborar a mensaxe e a imaxe que representa este evento a nivel mundial.
Rian Visser e a ilustradora Janneke Ipenburg foron as persoas encargadas nesta ocasión do cartel e a mensaxe, que, traducida a todas as linguas presentes na organización, difundiremos a nivel internacional. 

 

Linguaxe visual  


Podes debuxar algo

para as palabras,

para as cousas que digo?

Daquela, debuxa

un buraco no día

o frío,

o vento,

un nó na gorxa

ou a mala sorte,

debuxa unha tose,

un suspiro,

o aroma a pan fresco,

o tempo,

o instante,

o principio ou a fin

dun plan,

debuxa ese lugar onde algún día,

ese lugar onde nunca,

ese lugar onde despois

ocorrerá algo,

debuxa a dor dun empurrón,

o sabor do mar.

Gustaríame ver tantas

cousas,

o amor, por exemplo,

máis tarde,

algún día e quizais.

Fai debuxos

para o meu poema,

pero con liberdade:

estas palabras que saíron da miña boca

son para ti.


Rian Visser

Tradución: Mercedes Pacheco


Bibliotecas escolares e públicas, librarías e outras entidades adoitan celebrar esta data organizando exposicións, encontros con autores/as e ilustradores/as, presentacións de libros e actividades diversas de lectura.

Acceso aos materiais para que poidades descargalos e usalos.

martes, 25 de marzo de 2025

Na nosa biblioteca (449)


Editorial
Galaxia achéganos novidades en variedade de xéneros para a Biblioteca de GÁLIX:

  • Bonecas

  • A avoa canta como a cotovía

  • Rosalía Oculta

  • A brigada iridescente. O fantasma do vestiario das rapazas

  • Castelao segundo rañolas

 

 

Título: Bonecas 

Texto: Raquel Castro

Ilustracións:Komerevi
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore

Premio O Facho de Teatro Infantil 2024

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/bonecas/

Novas na rede:



Título: A avoa canta como a cotovía
Texto: Celia Díaz Núñez

Ilustracións: Alba Santa

Editorial: Galaxia
Colección: Árbore azul

Cantareiras. Letras Galegas 2025.

Accésit Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2024
+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/a-avoa-canta-como-a-cotovia/

Novas na rede:

Rede de Bibliotecas de Galicia: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/axenda/premio-simbad-para-o-recordo-e-o-alzheimer



Título: Rosalía Oculta
Autora: Paula Mayor

Editorial: Galaxia
Colección: Novela gráfica

Premio Castelao de Banda Deseñada 2023
+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/rosalia-oculta/






Título
: A brigada iridescente. O fantasma do vestiario das rapazas
Autora: Elena Andrés

Editorial: Galaxia
Colección: Banda deseñada
+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/a-brigada-iridescente-o-fantasma-do-vestiario-das-rapazas/






Título
:Castelao segundo rañolas
Autora: Marilar Alexandre

Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/castelao-segundo-ranolas/



venres, 21 de marzo de 2025

Na nosa biblioteca (448)

 

Chegaron as novidades de A Fin de Cuentos como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • Debaixo do asfalto, a flor

     


Título: Debaixo do asfalto, a flor

Texto: Mónica Rodríguez
Ilustracións: Rocío Araya
Tradutor: Jose Luis Garrosa Gude

Editorial: A fin de cuentos

+ info: https://afindecuentos.com/libros/debaixo-do-asfalto-a-flor-2/