domingo, 2 de abril de 2023

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

 

Como cada ano nesta data, o IBBY, e a súa sección no ámbito do galego que é GÁLIX (IBBY Galicia) celebra o Día Internacional do Libro Infantil difundindo a nivel mundial a mensaxe que unha das súas seccións -este ano 2023 Grecia- elaborou para todo o mundo.

Na mensaxe o ilustrador Photini Stephanidi pon imaxe ao poema de Vagelis Iliopoulos: "Son un libro, leme", que GÁLIX traduciu ao galego.

No taboleiro DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL (DILI) do pínterest de GÁLIX están tamén recollidas as mensaxes de anos anteriores: 

https://www.pinterest.es/galixbiblioteca/d%C3%ADa-internacional-do-libro-infantil-dili/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]