ABRIL 2023
Recomendamos Canta, miña rula, canta de Antonio García Teijeiro
Antonio García Teijeiro é en si pura tenrura. Non sei si sabe cociñar, pero seguro que a súa comida nunca será dura e correosa. Porque Antonio aparte de tenro é listo, e sabe que o tenro é fundamental para que as cousas señan comestibles. E esa ternura culinaria (suposta) a transmite na súa poesía nun xogo de evocacións, sentimentos, e sensacións; todas elas volteadas con ritmos e cadencias caseque musicais. (Ai Antoniño, como se che nota a túa irrefrenable paixón polo poeta de Minesota!)
Pero, para Antonio. Si hai alguén por encima de Dylan, moi por encima, esa non é outra que a súa neta Libby. E é a ela a quen lle cociña o libro. Un libro cheo de poemas enriquecidos na súa tenrura pola distancia, a ausencia e a maldita pandemia.E no medio de todo isto, Que pinta o ilustrador?
Pois, pouco máis que seguir os ritmos do poeta, construir un entroido operístico cheo de Papagenos e Papagenas, e aderezar o guiso coa boa dose de tenrura que aportan os paxaros da Raiña da Noite.
Xan López Domínguez
___________________________
GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]