Gloria
Sánchez, que naceu en Vilagarcía de Arousa arredor do entroido de
1958, é mestra de ensino primario, especializada en lingua e
literatura galega, francesa e audición e linguaxe.
Como
escritora é unha das voces máis orixinais da literatura
infantoxuvenil. Para Ánxela Gracián a obra de Gloria parte dunha
perspectiva surrealista, mantendo un certo carácter de xogo e punto
de vista infantil. Confésase moi influenciada pola literatura oral
popular, e na súa obra é doado recoñecer esta oralidade, pero a súa
escrita ten tamén moito de vangardista; desta mestura de tradición
e vargarda xurde un estilo propio e noso.
Gloria
Sánchez deuse a coñecer na súa faceta
de
poeta e dende que en 1990 recibira o premio Merlín por Fafarraios
leva publicadas arredor
de medio cento de obras, de poesía, narrativa e teatro, que foron traducidas a castelán,
catalán, éuscaro, portugués, coreano ou Braille;
e
recibiron numerosos recoñecementos.
Gloria
é, de sempre, unha persoa comprometida coa lingua e a cultura de Galicia
que participou
en proxectos de
investigación e difusión
do
libro
infantil
como membro de GÁLIX e no Consello
de Redacción de
FADAMORGANA.
Foi a escritora homenaxeada na XII edición do Salón do Libro
Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Ti
es a socia número 82. Por que te asociaches a GALIX e continúas
apoiando este proxecto?
Cando
comecei publicaba con Xerais. Daquela Miguel Vázquez era codirector
da Colección Merlín. El faloume da entidade e animoume a entrar.
2.
Que ou quen che axudou a achegarte á LIX galega?
A
miña teima e o feito de crer no que estaba a facer.
3.
Que libro marcou a túa infancia ou a túa mocidade?
Varios.
Un de cabeceira, non o hai.
4.
Un libro de literatura infantil ou xuvenil galego que consideres
imprescindible?
Foino
para min, “Memorias dun neno labrego”
5.
Con que personaxe da nosa LIX te sentes máis identificada?
Anaquiños
duns, factores doutros. En esencia con ningún, nin tan sequera cos
dos meus libros.
6.
A que ilustradora ou ilustrador galego escollerías para poñer
imaxes aos teus soños?
Para
os meus textos confórmome con alguén que saiba debuxar. Que saiba
ler. Que teña un mínimo de empatía coa infancia. Con respecto aos
meus soños, estes pastan noutros prados.
7.
Sinala a maior fortaleza e a maior debilidade do libro infantil e
xuvenil galego.
A
maior fortaleza, os autores e autoras. O perigo son os marcos que lle
poñen, que en certa maneira poñémoslle nós tamén, correndo o
risco de converterse nunha endemia que pereza por falta de osíxeno.
8.
Dende que ti te vinculaches ao LIXG ata a actualidade, que cambios
destacarías na súa evolución
Cantidade
e calidade.
9.
Cal consideras que é o grao de coñecemento e respecto pola LIX
galega?
O
que outras disciplinas minoritarias.
10.
Apunta un par de iniciativas necesarias para promover a lectura de
libros infantís e xuvenís galegos e para conseguir unha maior
proxección fóra de Galicia.
A
pregunta do millón. Hai anos diríache máis de dúas. A día de
hoxe,
non
o sei. Só me quedan como referente necesario e imprescindible
os
autores e o seu grao de independencia e liberdade para escribir.
Ademais
das obras individuais, publicou algunhas obras en colaboración:
-
Con Mamá Cabra, publicou os libros-disco:
Ola,ola,la
e
A
fraga do meu avó
-
Con Miguel Vázquez Freire publicou a obra de teatro A
princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos,
coa que gañaron o Premio Xacobeo de Teatro de monicreques 1994.
-
Con
Xan
López Domínguez
escribiu O
Grande Tronante
que entrou na lista White Ravens 2000.
Destacamos
entre os seus libros:
Fafarraios,
Premio
Merlín no 1990 e
Lista de Honra do IBBY en 1991.
Doutor
Rus,
Premio EDEBÉ 1995
Chinto
e Tom, Premio
Lazarillo 2001
e lista White Ravens 2001.
Dez
Piratas, Premio
Frei Martiño Sarmiento 2007.
A
raíña de Turnedó
(Xerais, 1996).
Manual
para unha pequena meiga (Rodeira, 1998)
Sete
casas, sete bruxas e un ovo.
(SM, 1998)
Teatro
feroz
(Galaxia,
1999)
Matapitos.com
(Xerais,
2000)
O
home do impermeable amarelo (SM, 2000)
A
pequena aventura de Oscariño
(Deputación Provincial de Pontevedra. Servizo de Publicacións,
1984) .
Rimas
con letra
(Xerais, 1991).
Bichos
con gaseosa
(Bruño, 1992)
Cabeciña
a paxaros e outras historias
(Bruño, 1993).
¡Pum,
pum!
(Ir Indo, 1993).
O
capitán Ro e o gato Bo
(Xerais, 1994).
Pé
mais eu
(Rodeira, 1994 ).
303
adiviñas (Xerais, 1994).
A
casa de vidrio do señor Clin
(Edicións SM, 1999).
A
galiña da paz
(Rodeira, Edebé, 2002).
Frangulla
(Edelvives, 2002).
¿A
onde van as bolboretas no inverno?
(Everest-Tambre, 2003).
Contos
con letras
(Edicións SM, 2003).
Adiviñas
de animais
(Alfaguara. Obradoiro, 2004).
Rato
Pincho
(Editorial Galaxia, 2004)
Sí,
poesía
(Alfaguara, 2005).
Adiviñas
monstruosas,
(EDEBÉ. Rodeira, 2006)
Florentino,
o príncipe quino.
(Edicións Xerais, 2010).
A
vaca dixo Mua
(Oqueleo, 2017)
Noé
e Gato fan teatro
(Oqueleo, 2019)