luns, 5 de xullo de 2021

Paula Carballeira. Escritora. O libro infantil e xuvenil galego traducido.

 Paula Carballeira dedícase profesionalmente á narración oral e ao teatro, coa compañía Berrobambán, dende hai máis de vinte anos.

Como escritora ten unha longa traxectoria na que cultiva todos os xéneros e leva publicados numerosos libros, de teatro, narrativa e poesía dirixidos principalmente ao lectorado infantil e xuvenil.

En 2020 escribiu para GÁLIX o manifesto do Día Mundial do Teatro.

Dende a súa posición de autora de obras traducidas a diversos idiomas aporta a súa visión sobre o libro infantil e xuvenil traducido, como parte das Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]