martes, 25 de maio de 2021

Convocatoria dos Premios Lazarillo 2021

 

Na entrega dos Premios Lazarillo 2020 anunciouse aconvocatoria da edición 2021 nas modalidades de “Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado” e “Creación literaria

Este certame de Literatura Infantil e Xuvenil, o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo, ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado.

 

Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado:

  • Para obras orixinais e inéditas.
  • Destinadas ao público infantil ou xuvenil.
  • Formato máximo, DIN A-2.
  • Extensión máxima de 32 páxinas.
  • Cunha dotación de 6.000€
  • O prazo de entrega remata o 30 de novembro de 2021.
 
 

  

ACCESO ÁS BASES

Creación literaria:

  • Para obras orixinais e inéditas.
  • Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.
  • En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)
  • Destinadas ao lectorado xuvenil, a partir de 12 anos.
  • O premio ten unha dotación de 6000€.
  • O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2021.

ACCESO ÁS BASES

xoves, 20 de maio de 2021

Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI: A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL GALEGA TRADUCIDA

Unha actividade formativa organizada por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil , sección da OEPLI correspondente ao ámbito galego) en colaboración coa Universidade de Vigo e con axuda do Ministerio de Cultura e Deporte.


 

 O acto, que se celebrará o xoves 3 de xuño entre as 16:30 e as 20:00 e será retransmitido por streaming a través do Directo1 UVigoTV,

https://tv.uvigo.es/live/5b60870c8f4208dd20625884, centrarase na análise das estratexias de difusión do libro infantil e xuvenil galego fóra de Galicia. 

O seu obxectivo é coñecer a situación, ver as súas carencias e estudar a maneira de compensar os déficits.

Convidamos profesionais do ámbito do libro infantil e xuvenil galego, tanto creadores, escritores/as e ilustradores/as, como mediadoras/es: tradutores/as, editores/as, bibliotecarios/as, profesorado, e tamén profesionais da crítica a participar nesta xornada na que reflexionaremos sobre o momento actual, centrándonos especialmente nos logros, mais tamén nas carencias para poder entre todos e todas achegar alternativas que colaboren a mellorar a situación.





mércores, 19 de maio de 2021

Na nosa biblioteca (247)


 Chegaron novidades da Hércules Edicións como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • As formigas filandeiras

 

 

Título: As formigas filandeiras
Te
xto: Victoria García Ilustracións: Laura Cortés

Editorial: Hércules Edicións

Colección: Novas Lecturas de Hércules
+ info: https://www.herculesediciones.com/gl/libro/as-formiguinas-filandeiras-libro/

luns, 17 de maio de 2021

Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. A súa contribución á LIX.

 XELA ARIAS, a persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas no ano 2021, xogou un papel fundamental no achegamento de grandes autores da LIX internacional ao lectorado infantil e xuvenil galego; á súa actividade como tradutora e editora debemos a a publicación en galego de:

  • As bruxas, de Roald Dahl, con Lidia Iglesias Izquierdo (1989, Xerais)
  • Os cómics de Franka, de Henk Kuijpers, con María Xesús Lameiro (1990-1992, Xerais).
    • Os dentes do dragón, 
    • A caída do dragón, 
    • Competencia a morte, 
    • A volta do sol do norte e 
    • A vinganza do barco fantasma
A única obra de Xela Arias no campo da literatura infantil é Non te amola!, obra inédita publicada por Galaxia en maio deste ano 2021, con ilustracións de Luz Beloso.

  Neste ano, a ela dedicado, publicáronse diversas biografías:


Medios e institucións teñen publicada información, recursos e materiais sobre a autora:




sábado, 15 de maio de 2021

A Xanela de GÁLIX. María Xesús Fernández

MARÍA JESÚS FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ (A Coruña, 1950)

 Mestra xubilada.

 Foi coordinadora do grupo Seminario Papeles de Literatura infantil, equipo de mestres e mestras responsables da redacción da revista especializada, pioneira en Galicia, Papeles de Literatura Infantil,  e da organización dos Salóns do Libro Infantil e Xuvenil celebrados na cidade de A Coruña.

Como representante dese seminario foi chamada a participar na creación de GÁLIX (sección galega de IBBY), asociación na que formou parte da Directiva como Vocal e como Vicepresidenta.

Foi representante de Gálix na Red de Selección, equipo de estudio e traballo formado por expertos en LIX e patrocinado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

No ano 2019 foi nomeada Socia de Honra de Gálix.

 Colabora habitualmente na revista CLIJ (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil)  

Tamén colabora ocasionalmente noutras revistas especializadas como Fadamorgana (desaparecida), Revista Galega de Educación, Peonza, Babar, Platero, Grial. Formou parte do Consello de Redacción da desaparecida revista dixital Criaturas.

Foi colaboradora do programa da TVG Libro aberto.

Polo seu traballo como crítica literaria recibiu o Premio Merlín 2004 á Cooperación no labor editorial.

 Colaboradora dos Centros de Formación e Recursos da Consellería de Educación de Galicia actuando como poñente  en cursos e actividades relacionadas coa Literatura Infantil e Xuvenil e a formación do hábito lector.

Coautora de Picariños,  primeiro método de lecto-escritura en lingua galega, coeditado por Edit. Casals (Barcelona) e Edit. Galaxia (Vigo), en 1975.

Membro do equipo responsable da elaboración dos materiais de Lingua Galega e Lingua Castelá  do CEGEBAD (Centro Galego de Ensino Básico a Distancia).

 Comisaria da exposición de ilustración Ilustrando Galicia (2016-2017), promovida polo Concello de A Coruña e celebrada nesa cidade no ano 2018.

 Como tradutora leva traducidos ata o momento os seguintes libros dende o galego ao castelán:

  • El estanque de los patos pobres. Rodeira-Edebé, Barcelona, 1996.  Fina Casalderrey, Premio Edebé de Literatura Infantil, 1996.
  • El misterio de los hijos de Lúa. Edit. SM, Madrid, 1997. Fina Casalderrey. Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1996.
  • Romería de desventuras. Rodeira –Edebé, Barcelona, 1997.  Pepe Carballude 
  • ¿Sobrevives?. Edit. SM, Madrid, 1998.  Fina Casalderrey
  • Nolo y los ladrones de leña. Edit. SM, Madrid, 1998. Fina Casalderrey
  • Ríonegro. Rodeira-Edebé, Barcelona, 1998. Fina Casalderrey
  • El misterio del cementerio viejo. Edit. SM, Madrid, 2000.Fina Casalderrey,
  • Unha manchea de bicos. Xerais, Vigo, 2001. Antonia Rodenas
  • La casa de la luz. Anaya, Madrid, 2002. Xabier P. Docampo
  • Peligro vegetal. Anaya, Madrid, 2003. Ramón Caride, Premio Merlín 1995.
  • La escuela de los piratas, Rodeira-Edebé, Barcelona, 2005. Agustín Fernández Paz  Premio Edebé de Literatura Infantil 2005.
  • El capitán de la bahía. Editorial Edebé. Daniel Ameixeiro
  • Estambul y el caballo de oro. Editorial Everest. León (2008). Francisco Fernández Naval.
  • Salitre. Edit. Anaya, Madrid, 2008.  Jaureguízar
  • El futuro robado. Aventuras de Said y Sheila. Edit. Anaya, Madrid, 2007. Ramón Caride
  • El libro de los viajes imaginarios. Edit. Anaya, Madrid, 2008.  Xabier P. Docampo
  • Amancio Amigo y el Brujo de Salamanca. Edit. Anaya, Madrid, 2008.  Xosé Miranda
  • Una costura en el tiempo. Edit. Oxford, Madrid, 2010.  Xosé Antonio Neira Cruz
  • El misterio de las campanadas. Edit. Anaya, Madrid, 2012. Xabier P. Docampo
  • La senda de las hormigas. Edit. Anaya, Madrid, 2016. Marcos Calveiro
  • Las brujas de la Reina Lupa. Edit. Anaya, Madrid, 2016. María Solar
  • Los niños de la viruela. Edit. Anaya, Madrid, 2017.María Solar
  • ¡Cómo cambia el cuento! Edit. Anaya, Madrid, (2017). Carlos López
  • El corazón de Júpiter. Edit. Anaya, Madrid,(2018).Ledicia Costas
  • Poemar el mar. Edit. Anaya, Madrid, 2018.Antonio García Teijeiro  . Premio Nacional de Literatura Infantil. 
  • Cuenta nueve estrellas. Edit. Anaya, Madrid 2019. Andrea Maceiras . Premio Lazarillo, 2019.
  • Quokka Moka. Edit. Anaya, Madrid ,2019. María Solar
  • Dijo el ratón a la luna…. Edit. Anaya, Madrid.  2020.  Antonio García Teijeiro

ACCESO

venres, 14 de maio de 2021

Na nosa biblioteca (246)

 


A Editorial Sushi Books
achéganos esta novidade para a

Biblioteca de GÁLIX:

  • As rapazas non saben pegar 

     

     

     

Texto: T. S. Easton

Tradución: Moisés Barcia

+ info: https://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1447

martes, 11 de maio de 2021

IV Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil

 Aberta a convocatoria do IV premio de literatura xuvenil María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, correspondente ao ano 2021, convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa editora Cuarto de Inverno.


  • Para obras inéditas escritas en galego.

  • Dirixidos lectorado xuvenil

  • O prazo de presentación de orixinais remata o 30 de xuño de 2021.