XELA ARIAS, a persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas no ano 2021, xogou un papel fundamental no achegamento de grandes autores da LIX internacional ao lectorado infantil e xuvenil galego; á súa actividade como tradutora e editora debemos a a publicación en galego de:
- Cidades fantásticas. Príncipes e Xinns da mitoloxía e as lendas árabes, de Khairat Al-Saleh, en colaboración con Valentín Arias (1986, Xerais)
- O Gato Gaiado e a Andoriña Señá: Unha Historia de Amor, de Jorge Amado (1986, Xerais)
- Rosa,
miña irmá Rosa,
de Alice Vieira (1990, SM)
- Contos ó teléfono, de Gianni Rodari (1986, Editorial Juventud)
- O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez (1987, Xerais)
- Os corredoiras, de Juan Farias (1990, SM)
- As bruxas, de Roald Dahl, con Lidia Iglesias Izquierdo (1989, Xerais)
- Belledonne, habitación 16, de Anke de Vries (1990, SM)
- Os cómics de Franka, de Henk Kuijpers, con María Xesús Lameiro (1990-1992, Xerais).
- Os dentes do dragón,
- A caída do dragón,
- Competencia a morte,
- A volta do sol do norte e
- A vinganza do barco fantasma
Neste ano, a ela dedicado, publicáronse diversas biografías:
- Intempestiva.Unha biografía (literaria) de Xela Arias de Montse Pena Presas en Galaxia.
- Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias de Yolanda Castaño en Xerais.
- Xela Arias. Palabra á intemperie, de Emma Pedreira, ilustrada por Laura Romero en Baía.
Medios e institucións teñen publicada información, recursos e materiais sobre a autora:
- Real Academia: https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias
- Consello da Cultura Galega: http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2021/
- Cultura Galega: http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=18
- Nós Diario: https://www.nosdiario.gal/tags/xela-arias
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]