A Editorial Galaxia fainos chegar esta novidade á Biblioteca de GÁLIX :
Andar aos biosbardos. Contos baixo o Freixo engurrado
Texto: Charo Pita
Ilustracións: Dani Padrón
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore
Andar aos biosbardos. Contos baixo o Freixo engurrado
Texto: Charo Pita
Ilustracións: Dani Padrón
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore
Edicións Xerais de Galicia fainos chegar, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX, dous títulos da nova colección de libros informativos, Seica (Coñecemento)
Autoría: Pepe Carballude
Ilustracións: Jorge Campos Sánchez
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Coñecemento, Seica
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6674919
Novas:
Título: Bárbaras!
Texto: María Reimóndez
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Coñecemento, Seica
Recibimos de Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX, os premios Merlín e Jules Verne 2020:
A folla azul
santoamaro
Autoría:
Andrea Maceiras
Ilustracións: Sonia García
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092424
Premio Merlín de Literatura Infantil 2020
Texto: Antonio Manuel Fraga Allegue
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=5161967
Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2020
Novas:
Este pasado venres, 23 de abril, Día Mundial do Libro e os Dereitos de Autoría, inaugurouse a XXII edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que este ano ten como lema: Emerxencia Literaria: os libros salvan o planeta
Por mor das restricións que impón o COVID-19, as actividades este ano van ter un aforo moi reducido. Para adaptarse á situación e facilitar a participación, o Salón ocupará distintos espazos da cidade e as parroquias. Contará cun espazo fixo ao aire libre na Illa do Covo, coa posibilidade de recorrer ao Pazo da Cultura se as condicións climáticas o aconsellan, e haberá tamén unha furgoneta “Rodalibros” que levará actividades ás parroquias dende o 23 de abril ao 9 de maio.
Como en anos anteriores, GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) participa e colabora preparando unha bibliografía sobre a temática desta edición, para que poidan consultala as persoas interesadas, preferentemente profesorado.
Durante este ano 2021 exposición O CASTRO, tamén na orixe da LIXG, organizada por GÁLIX, co patrocinio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Santiago e a biblioteca Afundación de Santiago, para conmemorar o centenario de Isaac Díaz Pardo, percorrerá os barrios de Santiago para facilitar que todos os veciños e veciñas de Compostela se acheguen á figura de Isaac Díaz Pardo e ao labor da editorial O Castro en relación á literatura infantil e xuvenil galega.
Á hora de durmir, Rosa e Francisca, as mulleres que lles botaban unha man a meus pais nos trafegos do campo, contábanme unha chea de historias de lobos adoecidos, de pantasmas que volvían a este mundo ou de mouros gardiáns de tesouros fabulosos.(Autobiografía. aelg. gal).
Malia o feito de seren aqueles contos de pasar moito medo, tiveron o efecto de espertar no rapaz o soño de ser quen de escribir as súas propias historias. Non obstante, tiña claro que estudar era a súa prioridade e a intención de escribir tivo que ser aprazada varias veces.
Estudou
Primaria nunha escola rural daquelas que adoptaban como método
didáctico o principio de que “a letra con sangue entra”, na que
asegura que aprendeu unha morea de cousas que daquela eran
consideradas imprescindibles e pouco ou nada de outras consideradas
prescindibles:
Aínda así aprendín a lista dos reis godos, os ríos de Asia, as capitais de Europa e algunhas cousas de tanta utilidade coma estas. Pouco de historia e xeografía de Galicia. Seguramente porque o máis achegado ben se ve e non o hai que estudar. (Autobiografía. aelg.gal)
A súa infancia na aldea transcorreu entre a participación nos labores do campo, os xogos cos amigos, os baños no río e as trasnadas comúns a case todos os rapaces: axexar ás nenas que tamén ían ao río, roubar froita nas hortas dos veciños, por aquilo de ser máis sabedeira ca das hortas da casa; ir pillar niños de paxaros polo día e troitas pola noite.
Aquela vida mudou radicalmente cando marchou para Ourense a estudar o Bacharelato no instituto e a vivir nun internado. Para un neno de doce anos, o feito de deixar a aldea, a familia e os amigos de sempre, foi case coma un desterro. Non obstante, a adolescencia en Ourense, ademais dos estudos, foi un tempo de descubrir novas experiencias: as bromas e as loitas con almofadas entre dormitorios do internado e os guateques dos sábados pola tarde nos que podían bailar con rapazas de outros colexios.
A estadía en Ourense, desde o punto de vista literario, permitiulle desbotar a idea que tiña de neno de que tódolos escritores (Cervantes, Quevedo, García Lorca...) estaban mortos, ao descubrir e coñecer a escritores galegos vivos, como Blanco Amor, Méndez Ferrín e Carlos Casares. Ademais comezou a ler literatura en galego, cousa que ata entón fora impensable nas escolas de Primaria, nas que a única lingua permitida era o castelán.
Rematado o C.O.U., estudou Filoloxía Clásica na universidade de Santiago. Sempre sentira fascinación polo mundo clásico pero atopou os estudos oficiais da carreira demasiado teóricos. Mesmo así, leu nas súas linguas orixinais os grandes autores clásicos gregos e latinos e chegou a familiarizarse con eles de tal xeito que, segundo el afirma:
Homero, Virxilio, Horacio, Ovidio, Séneca, Catulo… foron e seguen a ser compañeiros de viaxe ós que acudo a miúdo seguro de atopar conforto. Na miña literatura aparecen poucos heroes ó estilo clásico, pero en todos os meus libros nótase o pouso das lecturas. Son dos que pensa que o escritor crea a partir de vivencias, de lecturas e de imaxinación. (2014. Entrevista. Alumnado IES Manuel García Barros).
Coa Licenciatura en Filoloxía Clásica na man, o seu primeiro destino como profesor foi nun instituto de Badaxoz onde, ademais de exercer como ensinante, seguiu a estudar, aprobou as agregadorías de Latín e logo obtivo unha praza en Vilagarcía. Unha vez máis aprazou o seu proxecto de escribir para seguir estudando e obter unha cátedra. Logrado este obxectivo despois de dous anos de estudo, foi destinado a Carballo. Foi entón cando decidiu que xa era tempo de se poñer a escribir e comezou presentándose ao II Concurso Barco de Vapor, no que quedou finalista. Despois daquela primeira obra, chegaron moitas outras enfocadas ao público infantil e xuvenil, aínda que Pepe Carballude afirma que escribe “libros que pode ler calquera, tamén os nenos e mozos”. Tamén asegura, falando dos personaxes dos seus libros:
Por moi fantasiosos que parezan, son sempre reais. Tan reais que ás veces están sacados do entorno familiar ou de amigos, transformados iso si pola miña imaxinación, pero recoñecibles tan axiña como se esgaravelle un chisco.(2014. Entrevista. Alumnado IES Manuel García Barros)
Cómpre subliñar que a obra de Pepe Carballude non se limita á súa creación literaria, senón que abrangue traducións ao galego de autores clásicos como Fedro e Cicerón e tamén tradución ao portugués de obras en castelán.Ten participado en varias obras colectivas e con artigos en revistas como Grial e Trevo.
A actividade profesional de José Carballude como catedrático de Latín no I.E.S.P. Xosé Neira Vilas (Oleiros, A Coruña) rematou no ano 2016, no que se xubilou, pero é de esperar que non se xubile da súa actividade de escritor.
É membro de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e membro da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).
Obra
Literatura infanto-xuvenil
Traducións
Obras colectivas
Recoñecementos
![]() |
ACCESO |