mércores, 27 de maio de 2020

III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil



O concello de Pontevedra mantén a convocatoria da terceira edición do certame "Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil" en colaboración, nesta edición, coa editorial Cuarto de inverno, que se encargará da publicación da obra premiada.
  • Para obras inéditas en galego.
  • Cun máximo de 250.000 caracteres
  • A dotación do premio é de 4.000 €
  • O prazo de presentación remata o 30 de xuño de 2020.

Novas bases nos Premios Xerais 2020

 
No mes de xaneiro pasado, informamos, neste mesmo blog, da convocatoria dos Premios Xerais 2020

Dende aquelas, a crise sanitaria mundial obrigou necesarias mudanzas. A día de hoxe, Edicións Xerais de Galicia comunicounos a publicación de novas bases para a presentación de obras ao Premio Merlín de Literatura Infantil e ao Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

luns, 25 de maio de 2020

Lembranza de Heidi Kühn-Bode

Finou o pasado mércores a filóloga, escritora e tradutora Heidi Hühn – Bode, nada en Alemaña e galega de adopción.
Esta muller polifacética, compañeira e socia de GÁLIX, aínda que dominaba varios idiomas, adoptou o galego como lingua literaria, traduciu autores galegos ao alemán e, como escritora de literatura infantil e xuvenil en galego publicou:
  • Fideliño o casteiro, 1991 Bruño
  • Os mundiños, 2003 Edicións do Castro. Premio Estornela de teatro infantil da Fundación Neira Vilas
  • Teatro para contistas. Xogos infantís no escenario, 2003 Baía
  • Falou un queixo, narrativa, 2009 Galaxia.
  • Tres mulleres do seu tempo, 2009 Baía.
Heidi Kühn-Bode fala de si neste documento da Videoteca AELG

venres, 22 de maio de 2020

CATÁLOGO OEPLI 2019

A OEPLI e as súas seccións territoriais: Consejo, ClijCat, Galtzagorri e GÁLIX, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2019, no que se recolle unha selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís de escritores e ilustradores españois publicados ao longo do pasado ano. Son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente.

O catálogo contén unha selección de 200 títulos realizada polas diferentes seccións territoriais da OEPLI: ClijCat, Galtzagorri, Gálix e Consejo, entidades nas que están representados todos os sectores do mundo literario, da creación  e  da mediación: escrita, ilustración, edición, librerías, bibliotecas, crítica, ensino, etc. que avalarán a calidade e idoneidade de cada un dos títulos seleccionados.
  • O catálogo está dispoñible nos espazos web de GÁLIX:
Taboleiro de Catálogos OEPLI do Pínterest de GÁLIX.
Páxina de Recursos deste blog.

luns, 18 de maio de 2020

Na nosa biblioteca (206)

 
 É un pracer, nestes tempos tan difíciles, recibir a doazón de Edicións Xerais de Galicia para a Biblioteca de GÁLIX :

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Pequeno Merlín

sábado, 16 de maio de 2020

Carvalho Calero e a LIX

Cartel do Día das Letras Galegas 2020. Representa ao autor Ricardo Carvalho Calero
Ao longo desta semana, a compañeira Tamara Andrés veu publicando nas redes sociais de GÁLIX (Facebook, Twitter e Instagram) unha serie de pílulas informativas que dan conta das publicacións sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero, no marco da literatura infantoxuvenil:

✒ ️ Héctor Cajaraville asina 'Ricardo Carvalho Calero. A pegada do
compromiso' (Xerais), un libro onde as crianzas se poden achegar dun xeito ben ameno á vida e mais á obra do autor. Na páxina da editorial podedes atopar, ademais, unha ficha de lectura coa que traballar na casa.
https://www.xerais.gal/libro.php?id=6090285&fbclid=IwAR2IVm8rSjLnHieOnWwIfhOftTGl6PAD4BM_f1yWnuEbzwEn4AfiddwT7eM


✒ ️ Edicións Embora deu ao prelo en formato libro 'As pitas baixo a
choiva', un relato breve que Carvalho Calero publicou orixinalmente na revista Lar no ano 1952 no que narra un feito anecdótico da súa infancia.
O relato pode lerse en versión dixital nunha páxina web que tamén
aloxa un proxecto educativo arredor da obra.
http://aspitas.gal/?fbclid=IwAR1_fdHhDuX2_Z84TjwV4-MarbrXtvxdSKaWMi5Zyiq5XT-whn1OaO3Im_Q  

 ✒ ️ Na colección de banda deseñada para divertirse aprendendo, Lela Edicións publicou unha pequena biografía de Ricardo Carvalho Calero con textos de Polo correo do vento e ilustracións de Miguel Pérez Ramudo.
https://lelaedicions.blogspot.com/p/banda-desenada.html?fbclid=IwAR1jDWaEtew6L84Zh3kAxH2Flq8jLlseCGkrEVeX_YsF4jtE6nBQAoxWzaY

✒ ️ No catálogo de Hércules de Ediciones atopamos 'De Carballo Calero a
Carvalho Calero. Biografía, escolma de textos, guías de lectura, actividades e xogos', un libro ideal sobre o autor das Letras Galegas 2020 para traballar co público xuvenil.
https://www.herculesediciones.com/gl/libro/de-carballo-calero-a-carvalho-calero/?fbclid=IwAR0SKPhT_gVXBHsa4fYsqBrKRJO4lY-crQDIKpq9YklujMjROTiOgLKLyyo

✒ ️ Desde Auga Editora achegan o poético 'Carvalho Calero fronte ao
espello da memoria', un libro de Alberto Ramos ilustrado por Antonio Seijas no que se fai un percorrido pola xeira vital e intelectual do autor.
https://augaeditora.gal/publicacion/carvalho-calero-fronte-ao-espello-da-memoria/?fbclid=IwAR2A04nb-kMvQzijrv0PeYzEnnfFOUiN7XnWViznbgE-s2NcyEG-W_bz3Vw


✒ ️ A editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de
Política Lingüística, publica no Portal da Lingua Galega un novo volume da colección dos Bolechas 'As miñas primeiras Letras Galegas' dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
https://www.lingua.gal/c/portal/layout?p_l_id=1639665&content=letras-galegas%2F2020%2Fcontido_0011.html&fbclid=IwAR171t2Gud0arJPRyzHYnE9UCTIdGPJiG1Qh4W-ABdUmZF0ru9AvahyUvrs


xoves, 14 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020. CARVALHO CALERO

Nesta insólita celebración do Día da Letras Galegas diversas entidades están presentando iniciativas para conmemorar esta data nas redes en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, o autor escollido pola Real Academia Galega neste ano 2020.
 
GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) estamos compartindo nas nosas RRSS, baixo e epígrafe CARVALHO CALERO E A LIX, a relación de libros publicados sobre o autor. 
  • A Asesoría de bibliotecas escolares recolle en #bescolaresgalAbertas polas Letras Galegas 2020 unha chea de recursos para apoiar ás bibliotecas dos centros escolares.
  • Lingua Galega TV, canle de YouTube con diversos vídeos sobre Carvalho Calero e as Letras Galegas.

mércores, 13 de maio de 2020

Na nosa biblioteca (205)

É unha ledicia comunicarvos que temos, outra vez, novidades das editoras que se poden atopar nas librerías
Recibimos esta semana de Edicións Embora, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX:
  • Nana para un soldado
  • V de bestiario
 
Título: Nana para un soldado
Texto: Pepablo Patinho
Ilustracións: Nuria Díaz
Editorial: Edicións Embora
Colección: Tren das cores
+ info: http://www.edicionsembora.es/producto_detalle.php?producto=1222

 Título: V de bestiario
Texto: Ramón Caride
Ilustracións: Lois G. Magariños
Editorial: Edicións Embora
Colección: Fardel dos soños
+ info:http://www.edicionsembora.es/producto_detalle.php?producto=1223