A
OEPLI
e as súas seccións
territoriais: Consejo, ClijCat, Galtzagorri e GÁLIX,
en colaboración co
Ministerio
de Educación, Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2019,
no
que se recolle
unha
selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís de
escritores e ilustradores españois publicados ao longo do
pasado
ano. Son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o
que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren
consideradas significativas dentro da gran produción existente.
O
catálogo contén
unha selección de 200 títulos realizada polas diferentes seccións
territoriais da OEPLI:
ClijCat, Galtzagorri, Gálix e Consejo, entidades nas que están
representados todos os sectores do mundo literario,
da creación e da mediación: escrita,
ilustración, edición, librerías, bibliotecas, crítica, ensino, etc.
que avalarán a calidade e idoneidade de cada un dos títulos
seleccionados.
- O catálogo está dispoñible nos espazos web de GÁLIX:
Taboleiro de Catálogos OEPLI do Pínterest de GÁLIX.
Páxina de Recursos deste blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]