Nesta
insólita celebración do Día da Letras Galegas diversas
entidades
están presentando iniciativas para conmemorar esta data nas redes
en homenaxe a Ricardo Carvalho
Calero, o autor escollido pola Real Academia Galega neste ano 2020.
GÁLIX
(Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)
estamos compartindo nas nosas RRSS,
baixo e epígrafe CARVALHO CALERO E A LIX, a
relación de libros publicados sobre
o autor.
- Real Academia Galega ofrece propostas lúdicas e didácticas para a xente máis nova na web primaveradasletras.gal
- A web Carvalho Calero 2020 creada por AGAL en colaboración coa Secretaria Xeral de Política Lingüística
- A Asesoría de bibliotecas escolares recolle en #bescolaresgalAbertas polas Letras Galegas 2020 unha chea de recursos para apoiar ás bibliotecas dos centros escolares.
- Aulas Galegas aporta no Especial Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero unha moi completa recompilación de recursos.
- As Letras na casa é o título da proposta coa que a Rede de Centros Socioculturais de Compostela quere celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ricardo Carvalho Calero.
- Deputación de Lugo celebrará a data coa programación en liña As Letras en rede.
- Deputación de Pontevedra conmemora este ano o Día das Letras Galegas baixo o lema A nosa lingua é a nosa identidade
- Biblioteca Virtual Galega (BVG) publica a Web monográfica, Ricardo Carvalho Calero. Letras Galegas 2020, sobre o autor homenaxeado neste ano.
- Lingua Galega TV, canle de YouTube con diversos vídeos sobre Carvalho Calero e as Letras Galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]