xoves, 28 de novembro de 2019

Acto de entrga do XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

Onte, no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, fíxose entrega á ilustradora húngara Mariann Máray do XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, convocado polo Concello de Santiago.
 
A súa obra "O can de Milu" acaba de ser editada por Kalandraka nas cinco linguas oficiais peninsulares: galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués e inglés.
A cerimonia, conducida pola responsable do Departamento de Educación, Beatriz Varela, contou coas intervencións de Xosé Ballesteros, director da editorial Kalandraka e do alcalde de Santiago de Compostela Xosé Sánchez Bugallo.
Xosé Ballesteros dedicou parte da súa alocución a reivindicar a cultura coma un ben de primeira necesidade e destacou o valor das linguas como vehículo de cultura en condicións de igualdade.
 
Sánchez Bugallo destacou o valor da diferencia, o enriquecemento da diversidade.
Os dous, Ballesteros e Bugallo, coincidiron en lembrar a figura do finado José Manuel Rodríguez-Abella que foi pedagogo municipal, xefe do departamento de Educación do Concello e impulsor do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.
O acto estivo amenizado por interludios musicais a cargo do cuarteto de trompas da Escola Municipal de Música. 
 

Na nosa biblioteca (187)

Recibimos para a Biblioteca de GÁLIX, como doazón da Editorial Galaxia:
  • O home que mercou un libro
  • A que cheiran as cores?
Título: O home que mercou un libro
Texto: Paco Martín
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/o-home-que-mercou-un-libro/
Paco Martín gañou con "Das cousas de Ramón Lamote" o Premio Barco de Vapor (1984), Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil (1986) e Lista de Honra do IBBY (1986).
Novas:
Título: A que cheiran as cores?: a esperada guía para coñecer o cerebro
Texto:Juan Casto Rivadulla Fernández
Ilustracións: Nuria Díaz
Editorial: Galaxia
Colección: Lanterna de Aristóteles
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/que-cheiran-cores-esperada-guia-para-conecer-o-cerebro/ 

A "Lanterna de Aristóteles" é a nova colección de divulgación científica dirixida por Luis Martínez Lorenzo
Novas:

Na nosa biblioteca (186)

Recibimos para a Biblioteca de GÁLIX, como doazón de Edicións Xerais:
  • Os camiños do vento
  • Dez gatiñas viaxeiras
  • Imaxes nenez-vellez na LIX
 
Título: Os camiños do vento
Texto: Xavier Estévez
Ilustracións: Xosé Cobas
Editorial: Xerais
Colección: Merlín + 11 anos
+ info:https://www.xerais.gal/libro.php?id=5595466

Título: Dez gatiñas viaxeiras
Texto:Eva Mejuto
Ilustracións: Víctor Rivas
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín. Álbums
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6056251

Título: Imaxes nenez-vellez na LIX
Texto: coord., Marta Neira, Blanca-Ana Roig, Isabel Soto ; Red temática de investigación LIJMI ; Centro Ramón Piñeiro
Limiar: LIJMI (Red temática de Investigación)
Ilustracións:Kenya P. Pineda e Raquel Senra
Editorial: Xerais
Colección: Didáctica
+ info https://www.xerais.gal/libro.php?id=6176118
Textos en galego, catalá, español, éuscaro (con tradución ao galego) e portugués.


mércores, 27 de novembro de 2019

GÁLIX no Curturgal 2019

A Literatura Infantil e Xuvenil galega estará representada no Culturgal 2019 da man da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX).  
 

O domingo 1 decembro ás 11:00: GALIX E A DIFUSIÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL GALEGO



A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) participa en Culturgal mostrando distintas iniciativas que posibilitan a visibilización deste tipo de libro.
GALIX, como sección da OEPLI e do IBBY, ten a representación do libro infantil e xuvenil do ámbito lingüístico galego; por esta razón o seu obxectivo é a súa defensa e promoción, dentro e fóra de Galicia.
O apoio e difusión do libro infantil e xuvenil galego é a prioridade de GALIX dende a súa creación en 1989.
Con esta finalidade crea diferentes materiais en papel ou dixitais, aos que se pode acceder a través da súa páxina e redes sociais.
Catálogos elaborados para a  Feira de Bolonia.
Guías de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade.
Cadernos didácticos do Centro  Dramático Galego
E outros recursos como os catálogos das exposicións coas que conta.

A Asociación estará representada por Xosé Antonio Perozo, presidente, Antonio Seijas, vicepresidente primeiro, e Pilar Sampedro, vicepresidenta segunda, que falarán de GÁLIX, as súas funcións, o seu traballo e a súa presencia a nivel internacional.

Unha oportunidade para que as persoas interesadas no mundo da LIX galega coñezan, de primeira man, o labor que estamos a desenvolver.



domingo, 24 de novembro de 2019

Na nosa biblioteca (185)

 
Recibimos para a Biblioteca de GÁLIX, como doazón da Editorial Sushi Books:  
 
 
Título: O rei Cuu
Texto e Ilustracións: Adam Stower
Tradución: Moisés Barcia; revisión, Estela Villar
Editorial: Sushi Books
Colección: Intermedio
+ info:http://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1434
 
Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí
 
 

No intento de escapar ao matón escolar Monty Grabbe, Ben escóndese nun contedor e sen querer entra nun reino de fantasía. Así, atópase nas terras de King Coo, unha gobernante feminina con barba que axuda a Ben a derrotar a Monty.
Novas relacionadas:
     Adam fala apaixonadamente da importancia da amizade  que ten un papel fundamental nas historias de King Coo.

martes, 19 de novembro de 2019

Programa de axudas á tradución

Co gallo da participación de España como invitada de honor na Feira do Libro de Frankfurt 2021, Acción Cultural Española (AC/E) vén de crear un programa de axudas para apoiar a tradución de obras literarias por parte de editoriais estranxeiras coa finalidade de favorecer a súa difusión e promoción a nivel internacional.

O prazo de solicitude remata o vindeiro 10 de decembro.

Tipos de axuda:
  • Axudas á tradución de obras completas e apoio á ilustración e por outra,

  • Axudas á tradución de fragmentos de obras para a elaboración de informes de promoción exterior.

Requisitos:

  • As solicitudes deben estar dirixidas á tradución de obras publicadas por editoriais do estado, en soporte impreso e con distribución en librerías.

  • Poden estar escritas calquera das linguas oficiais do Estado

  • Os idiomas de tradución aceptados son:

    • alemán 
    • inglés 
    • francés 
    • neerlandés 
    • italiano.

  • A autoría debe ser de persoas con residencia legal no estado español. 
  • Modalidades textuais:
    • Narrativa.
    • Ensaio
    • Poesía
    • Dramaturxia
    • Literatura infantil e xuvenil
    • Álbum ilustrado
    • Novela gráfica
    • Cómic.