A
Literatura Infantil e Xuvenil galega estará representada no
Culturgal 2019
da man da Asociación
Galega do
Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX).
O domingo
1 decembro
ás 11:00: GALIX
E A DIFUSIÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL GALEGO

GALIX,
como sección da OEPLI e do IBBY, ten a representación do libro
infantil e xuvenil do ámbito lingüístico galego; por esta razón o
seu obxectivo é a súa defensa e promoción, dentro e fóra
de Galicia.
O
apoio e difusión do libro infantil e xuvenil galego é a prioridade
de GALIX dende a súa creación en 1989.
Con
esta finalidade crea diferentes materiais en papel ou dixitais, aos
que se pode acceder a través da súa páxina e redes sociais.
Catálogos elaborados para a Feira de Bolonia.
Guías de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade.
Cadernos didácticos do Centro Dramático Galego
E outros recursos como os catálogos das exposicións coas que conta.
A
Asociación estará representada por Xosé Antonio Perozo, presidente,
Antonio
Seijas,
vicepresidente primeiro, e Pilar
Sampedro,
vicepresidenta segunda, que falarán de GÁLIX, as súas funcións, o seu traballo e a súa presencia a nivel internacional.
Unha
oportunidade para que as persoas interesadas no mundo da LIX galega coñezan, de primeira man, o labor que estamos a desenvolver.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]