xoves, 24 de outubro de 2019

Cartel do novo Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Resolución do III PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN convocado por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) en colaboración co Concello de Pontevedra, coa finalidade de escoller a ilustración do cartel da XXI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que terá como tema central o humor e que se celebrará na cidade do 06 ao 27 de marzo de 2020,

De entre 126 propostas recibidas procedentes de15 países, resultou gañadora a ilustradora venezolana, residente en Pontevedra, Susana Suniaga, que xa se presentara ao concurso en anteriores edicións. 
A súa obra, da que o xurado destacou a forte personalidade e calidade estética, será a imaxe do XXI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Coma en ocasións anteriores, o concello de Pontevedra editará un almanaque coa imaxe gañadora e as 12 finalistas, para cadanseu mes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]