luns, 29 de xullo de 2019

IV Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta



A Fundación Xosé Neira Vilas acaba de convocar a cuarta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, dirixida a obras inéditas escritas en lingua galega e destinadas a un público infantil e xuvenil.
Esta convocatoria ten como obxectivos:
Impulsar a creación literaria en galego.
Fomentar a lectura en lingua galega.
Proporcionar obras de referencia de calidade ao público infantil e xuvenil.

  • As obras presentadas deben ter unha extensión entre 50 e 150 páxinas.
  • O prazo para presentar orixinais remata o día 11 de outubro de 2019.
As bases completas están dispoñibles na páxina da Fundación: 

venres, 19 de xullo de 2019

Na nosa biblioteca (169)

Recibimos como doazón da Editorial Galaxia para a biblioteca de GÁLIX, as seguintes obras: 

O soño da serpe
O misterio do torque de Burela
A fita azul 
Os peloteiros

Título: O soño da serpe
Texto: Antonio Seijas
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/o-sono-da-serpe/
Novidades en Caderno da Crítica, por Ramón Nicolás: https://cadernodacritica.wordpress.com/2019/02/21/novidade-94-o-sono-da-serpe-de-antonio-seijas/
Recensión literaria en  Mundiario por María Fidalgo Casares: https://www.mundiario.com/articulo/eurorregion/sono-da-serpe-gran-debut-literario-artista-antonio-seijas/20190304130546147467.html
En Diario cultural da CRTVG:http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-11-03-2019-4058343
En La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2019/03/15/nueva-obra-antonio-seijas/0003_201903F15C10999.htm


Título: O misterio do torque de Burela
Texto: Antía Yáñez
Ilustracións: Kristina Sabite
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore verde (+ 12 anos)
+ info:

"Segunda parte de O misterio de Portomarín. As dúas novelas, aínda que contan cos mesmos personaxes, serán independentes e poderán lerse de xeito individual... "
(En: A Librería: portal web de crítica literaria, entrevista á autora por Miriam Beizana:  https://alibreria.com/2019/02/22/lendo-o-misterio-de-portomarin-con-antia-yanez/
Entrevista no blog de tuplace: http://tupl.gal/gl/blog/entry/antia-yanez-a-literatura-en-galego-nada-ten-que-envexar-a-outras-con-mais-visibilidade


Título: A fita azul
Texto: Mon G. Buhigas
Ilustracións: Ana G. Buhigas
Editorial: Galaxia
Colección:
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/a-fita-azul/



TítuloOs peloteiros
Texto: Patricia Mallo
Ilustracións: Dani Padrón
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore azul (+ 10 anos)
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/os-peloteiros/


mércores, 17 de xullo de 2019

Revista Bookbird IBBY

Recibimos como doazón para a biblioteca de Gálix, enviado por IBBY o novo número da revista Bookbird.

Bookbird é unha revista de referencia no campo da literatura infantil publicado cuatrimestralmente pola IBBY (Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil) que pretende compartir novas ideas coa comunidade de lectores, abierta a cualquera temática no ámbito da literatura infantil internacional. Esta revista inclúe tamén novas dos eventos e proxectos de IBBY, informa sobre os estudos publicados e premios de literatura infantil a nivel internacional.


 


No número correspondente ao segundo trimestre de 2019, con temas verdadeiramente provocadores, os autores que colaboran neste número presentan cadansúa cuestión para a reflexión sobre asuntos tan polémicos como o tratamento en Literatura Infantil e Xuvenil da mutilación xenital feminina na literatura infantil, a cultura da violación e a agresión contra mulleres e nenas; Kathy Short alerta sobre la responsabilidade dos creadores de libros, lectores e educadores. 

Na nosa biblioteca (168)

 Recibimos como novidades, enviados por Kalandraka:
  • Soñan os androides con ovellas eléctricas?
  • Citizen
  • Parece unha formiga
Título: Soñan os androides con ovellas eléctricas?
Texto: Philip K. Dick
Tradución: Fernando Moreiras
Editorial: Kalandraka
Colección: Narrativa. Faktoría K
Libro publicado por vez primeira en 1968 ; Adaptación ao cine por Ridley Scott en Blade Runner, 1982.

La Voz de Galicia por Antonio Méndez : https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/07/15/simios-androides-espello/0003_201907G15P30991.htm

Título: Citizen
Texto: Chévere (Grupo de teatro)
Editorial: Kalandraka
Colección: Biblioteca de teatro
+ info:
Na prensa: Sermos Galiza: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/obra-chevere-imperio-inditex-chega-formato-libro/20190702131040081465.html
Título: Parece unha formiga
Texto e Ilustracións: Pablo Otero
Editorial: Kalandraka
Colección: Rizomas. Faktoría K
+ info
Revista dixital de arte Latamuda: http: //latamuda.com/parece-unha-formiga-pablo-otero


venres, 12 de xullo de 2019

Estudo sobre mulleres e lectura do Laboratorio Contemporáneo de Fomento de la Lectura (LCFL)

MUJERES Y LECTURA é unha publicación do Laboratorio Contemporáneo de Fomento de la Lectura (LCFL), síntese das dinámicas de traballo que organizou o Laboratorio Contemporáneo de Fomento de la Lectura durante 2018 e 2019 co título de: ‘Taller: Mujer y Lectura”.

Comeza o estudo cunha amena e interesantísima reflexión de Inés Alberdi, resumo das conferencias no LCFL da Fundación GSR, sobre a evolución da imaxe da muller e a lectura na historia da arte.
A continuación examina o comportamento lector da muller en relación ás políticas educativas, e aspectos culturais e económicos... cunha análise dos resultados da “Encuesta de Hábitos y Prácticas Culturales en España”. (2018). Ministerio de Cultura y Deportes e do “Barómetro” Estudio sobre Hábitos de Lectura y compra de libros en España. (Federación de Gremios de Editores de España).
Unha das conclusións do estudo é que os índices de lectura son maiores nas mulleres a nivel internacional e presentan tendencia a incrementarse. Destacan a actitude diferente entre mulleres e homes en canto ao papel da lectura.
Matina tamén sobre as diferencias de lectura segundo o soporte, dedúcese que as mulleres utilizan cada vez máis internet polo que o xénero non é xa un factor relevante como fenda de uso de Internet e do claro liderado das mulleres nas plataformas máis relevantes no mundo da publicación, lectura e a valoración de creación literaria fan supor unha predominio feminio no universo lector, tamén en soporte dinámicas dixitais.


A publicación está xa accesible no taboleiro de RECURSOS, PARA MEDIADORES  no pínterest de GÁLIX.


sábado, 6 de xullo de 2019

Xosé Antonio Neira Cruz é o gañador do II Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil

O concello da Pobra do Caramiñal, xunto coa Asociación Cultural Barbantia , convoca en 2018 o I Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil, como homenaxe a este escritor que exerceu como mestre neste concello durante moitos anos.  


Na segunda edición deste certame, II Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil, o xurado, formado pola escritora Patricia Mallo, a vocal da Asociación Cultural Barbantia Pilar Sampedro e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, elexiu por unanimidade a obra titulada O enigma do baúl pechado, do escritor compostelán Xosé Antonio Neira Cruz, que será publicada pola editorial Galaxia

Referencias á nova na web:

 

martes, 2 de xullo de 2019

Este libro encantoume (xullo 2019)

 XULLO 2019

 


Se Nova York representa unha das cidades máis cosmopolitas e desenvolvidas do mundo, Galicia, sen embargo apenas é un punto no mapa para os americanos. David, fillo de emigrantes galegos en EEUU séntese un americano máis, que con dezaoito anos vai visitar a terra dos seus pais por vez primeira. Dende o seu metro noventa de altura aterra en Santiago de Compostela e atópase cunha Galicia, da que os seus pais fuxiron na busca de mellores oportunidades, moi diferente, cunha calidade de vida que supera a que ten en América. Así avanza a trama da novela, entre Nova York e Galicia, collendo os estereotipos de ambos lugares e rachando ao mesmo tempo con cada un deles.

Por outra banda, dúas familias son as que David cómpre que coñeza. Familias ben distintas que amosan unha dualidade: a evolución fronte ao inmobilismo. A familia materna fai eco da Galicia moderna, que non dubida en coller os cartos que unha inmobiliaria lle oferta para facer adosados, aínda que haxa que derribar a casa matriz. A familia paterna, formada por un avó cheo de rancor, unha avoa que sufre e unha tía enferma, saca á luz esa Galicia patriarcal, involucionista, ancorada en principios conservadores que non é capaz de perdoar as faltas do pasado.

Pero a familia da nai, os Formoso gardan un secreto. O non falar do asunto é a consigna establecida durante todos estes anos que seguiron á guerra do 36. Pero estas feridas permanecen máis alá de quen as causou. A pesar desta lousa coa que conviven, Pastor, o fillo vinculeiro, sabe perdoar e logra limpar a súa conciencia. Unha maneira de actuar e entender a vida totalmente contraposta á do avó paterno de David que non perdoa ao fillo que foi ás Américas.

A novela vai fluíndo paseniño da man de Sonia e David, brincadeiros, charlatáns... todo vai ben, demasiado ben, máis, talvez, do que cabe esperar... e con eles viaxamos no Seat Arousa como convidados polas páxinas dunha lectura áxil e suxestiva.

Estamos ante unha novela de iniciación, de aprendizaxe, de descuberta do amor e doutras culturas; de reencontro e afirmación das raíces; de saldar as débedas co pasado; de curar as feridas dun tempo silenciado. Acaso, pódese pedir máis?

Dolores Tobío Iglesias


______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.



luns, 1 de xullo de 2019

Na nosa biblioteca (167)

Recibimos como doazón para a biblioteca de Gálix, enviado por ClijCat, a seguinte publicación:


Revista en catalá sobre el libro infantil y juvenil, realizada por el Consell Català del llibre, sección catalana da OEPLI ; esta publicación que naceu en 1985, ten como obxectivo promover a produción LIX catalá, con publicacións na web das novidades publicadas en Cataluña, Valencia e Baleares.
Editorial: Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (Clijcat).