MUJERES Y LECTURA é unha publicación do Laboratorio Contemporáneo
de Fomento de la Lectura (LCFL), síntese das dinámicas de traballo
que organizou o Laboratorio Contemporáneo de Fomento de la Lectura
durante 2018 e 2019 co título de: ‘Taller: Mujer y Lectura”.
Comeza o estudo cunha amena e
interesantísima reflexión de Inés Alberdi, resumo das
conferencias no LCFL da Fundación GSR, sobre a evolución da imaxe
da muller e a lectura na historia da arte.
A continuación examina o comportamento
lector da muller en relación ás políticas educativas, e aspectos
culturais e económicos... cunha análise dos resultados da “Encuesta
de Hábitos y Prácticas Culturales en España”. (2018). Ministerio
de Cultura y Deportes e do “Barómetro” Estudio sobre Hábitos
de Lectura y compra de libros en España. (Federación de Gremios de
Editores de España).
Unha das conclusións do estudo é que
os índices de lectura son maiores nas mulleres a nivel
internacional e presentan tendencia a incrementarse. Destacan a
actitude diferente entre mulleres e homes en canto ao papel da
lectura.
Matina tamén sobre as diferencias de
lectura segundo o soporte, dedúcese que as mulleres utilizan cada
vez máis internet polo que o xénero non é xa un factor relevante
como fenda de uso de Internet e do claro liderado das mulleres nas
plataformas máis relevantes no mundo da publicación, lectura e a
valoración de creación literaria fan supor unha predominio feminio
no universo lector, tamén en soporte dinámicas dixitais.

A publicación está xa accesible no taboleiro de RECURSOS, PARA MEDIADORES no pínterest de GÁLIX.

A publicación está xa accesible no taboleiro de RECURSOS, PARA MEDIADORES no pínterest de GÁLIX.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]