xoves, 30 de maio de 2019

Na nosa biblioteca (164)

Informamos das novidades recibidas de Sushi Books, Galaxia e Kalandraka para a biblioteca de Gálix
Título: Un de nós mente
Texto: Karen M. McManus
Tradución: Moisés Barcia ; revisión, Estela Villar
Editorial: Sushi Books.
Colección: Avanzado
Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.
Caderno da crítica

 

Título: As vidas de... Antonio Fraguas
Texto: Xosé Antonio Neira Cruz
Ilustracións: Lucía Durán Carpinteiro
Editorial: Galaxia
Colección: As vidas de...

Título:  Troglo & Dita
Texto e Ilustracións: Alfonso Barreiro
Limiar: Kiko da Silva
Editorial: Galaxia
Colección: Novela gráfica
 
Título: Inventario ilustrado de froitas e verduras
Texto: Virginie Aladjidi
Ilustracións: Emmanuelle Tchoukriel
Tradución: Fernando Moreiras
Editorial: Kalandraka
Colección: Ciencia



domingo, 26 de maio de 2019

Homenaxe a Xabier P. Docampo en Compostela

Damos conta do acto de homenaxe a Xabier P. Docampo que estamos a organizar na Biblioteca Ánxel Casal o martes 4 de xuño de 2019. A lectura, e máis na nosa lingua, é sempre un acto de resistencia e identidade, por eso o mellor recoñecemento para un escritor tan comprometido é lelo.


O Acto consistirá na lectura dos seus textos. Animamos a todas as persoas que esteades ese día en Compostela a que vos acheguedes a ler.
  • A mañá estará reservada para os centros escolares. Os centros que queiran participar deberían comunicalo antes do 30 de maio para organizar o horario.
  • Durante a tarde as persoas participantes porémoslle voz á súa palabra.
  • Ás 19,00 horas teremos a charla da crítica e máxima coñecedora da súa obra María Jesús Fernández.
  • Como final de acto, GALIX fará entrega da figura conmemorativa da homenaxe como Socio de Honra 2018, que se lle ía realizar en vida.
Os centros de ensino ou particulares que queiran participar poden contactar coa organización do acto a través do correo electrónico: lecturasdocampo@gmail.com


sábado, 25 de maio de 2019

Na nosa biblioteca (163)

Recibimos de Xerais para a biblioteca de GÁLIX:

  • Quen salva un can
  • Somos os monstros
  • Conta nove estrelas
  • Animalia 2. Branco
  • Asterix en Britania

Título: Somos os monstros
Texto: Paula Carballeira
Ilustracións: Ignacio Hernández Fernández
Editorial: Xerais ; AGADIC, Xunta de Galicia
Colección: Biblioteca Dramática Galega
X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018
Coa obra “Somos os monstros” Paula Carballeira gaña o seu terceiro Premio Manuel María de literatura dramática infantil, que xa obtivera na súa primeira convocatoria en 2006 con “Boas noitese en 2011 con “O refugallo”.

Título: Conta nove estrelas
Texto: Andrea Maceiras
Ilustracións: Paula Mayor
Editorial: Xerais
Colección: Merlín, de 11 anos en diante
Título:  Quen salva un can
Texto: Érica Esmorís
Ilustracións: Iria Fafián
Editorial: Xerais
 

 
Título: Animalia 2. Branco
Texto e Ilustracións: Xosé Tomás
Editorial: Xerais
Colección: Cómics.
Segunda entrega do proxecto "Animalia" do que xa demos conta co primeiro libro "Animalia 1. Verde", localizada na selva.






Título: Asterix en Britania
Texto: René Goscinny
Ilustracións: Albert Uderzo
Tradución: Xavier Senín e Isabel Soto
Editorial: Xerais
Colección:Cómics



martes, 21 de maio de 2019

Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade


O xurado, formado por Ana Luísa Bouza Santiago, Montse Pena Presas, Patricia Porto Paderne, Pilar Sampedro Martínez  e  María Belén López Vázquez, como secretaria, destaca deste texto o seu humor irreverente e transgresor e a reivindicación da poesía, a alegría e a revolución como camiño á igualdade.

luns, 20 de maio de 2019

Neorretranca e Posmorriña. Caderno didáctico


Desde o ano 2007 GÁLIX mantén unha liña de colaboración co CDG na elaboración dos cadernos pedagóxicos destinados aos docentes, que complementan a programación de funcións abertas aos centros educativos.
 

O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico da posta en escena das obras , da man de Tamara Andrés (GÁLIX).
Neorretranca e Posmorriña
Todos estes cadernos están dispoñibles na páxina de recursos do blog de GÁLIX e no Pínterest de GÁLIX, dentro do taboleiro de RECURSOS e na páxina de AGADIC .


venres, 17 de maio de 2019

O ilustrador David Pintor na Bienal de Ilustración de Bratislava

O artista galego David Pintor, entre os 15 ilustradores seleccionados pola OEPLI para participar na Bienal de Ilustración, que se celebra cada dous anos en Bratislava.
De entre os 72 ilustradores/as que se presentaron para a edición de 2019, a OEPLI, como sección española de IBBY, e as súas seccións CGLIJ, ClijCAT, GÁLIX e Galtzagorri Elkartea, seleccionaron aos 15 que participarán na Bienal con 21 libros de recente publicación: Bernat Cormand, Daniel Montero, David Pintor, Elena Odriozola, Eva Sánchez Gómez, Javier Juárez, Jokin Mitxelena, Maite Gurrutxaga, María Girón, Miren Asian Lora, Pablo Amargo, Rocío Bonilla, Roger Olmos e Romina Martí.

luns, 13 de maio de 2019

Na nosa biblioteca (162)

Recibimos de Xerais, para a biblioteca de GÁLIX:

  • Formig4s. Misión Camiño de Santiago
  • Os ecos do lume
  • A guerra dos botóns
  • Revolución detrito

Título: Formig4s. Misión Camiño de Santiago
Texto: Pere Tobaruela
Ilustracións: Andrés Meixide
Editorial: Xerais
Colección:  Sopa de Libros. Formig4s
Recomendación Libraría Couceiro en Correo TV. Vídeo:


Título: Os ecos do lume
Texto e Ilustracións: Anxo Fariña
Editorial: Xerais
Colección: Merlín amarelo, de 11 anos en diante

Recomendación Libraría Couceiro en Correo TV. Vídeo:
Texto: Louis Pergaud (1882-1915)
Tradución: Xoán Manuel Garrido Vilariño e Mercedes Isabel Martínez Rodríguez
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo

  • Publicada orixinalmente en 1912, esta obra é un clásico que fala da infancia, da amizade, do compañeirismo, da lealdade, da inocencia, da crueldade e da ideoloxía. O título do libro procede do botín de guerra: os botóns extraídos das roupas dos «inimigos» como símbolo de humillación. A guerra dos botóns describe un mundo desaparecido e lanza unha interpretación irónica e pacifista sobre os conflitos bélicos.


  • Publicada en BIVIR (Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego) en edición electrónica en 2010 por ATG (Asociación de Tradutores Galegos)

Título: Revolución detrito
Texto: Xosé de Cea (pseudónimo de Xosé García Rodríguez)
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo

  • En Xornal Galicia: O xurado recoñece en Revolución detrito de Xosé García Rodríguez "unha narrativa áxil, unha historia engaiolante de resistencia da xente máis desfavorecida, a que ten que facer do lixo o seu modo de vida, contra a ditadura". Salienta tamén o sentido do humor e o ritmo da novela.

domingo, 12 de maio de 2019

Premios da Gala do Libro 2019


Parabéns a todas as persoas e entidades premiadas na Gala do Libro celebrada onte, sábado 11 de maio de 2019, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Temos que destacar, como corresponde, aqueles premios relacionados coa Literatura Infantil e Xuvenil.
 Libro ilustrado, Man de Camelle de Carme Hermo, Kalandraka (2018)




  • Merecido e necesario premio de Iniciativa cultural ou de fomento da lectura: Asesoría de Bibliotecas Escolares; un recoñecemento para os anos de traballo ben feito pola Asesoría e para equipos de biblioteca dos centros educativos de Galicia. 

Traxectoria en Proxecto literario na rede: Brétemas, de Manuel Bragado.

venres, 10 de maio de 2019

Axudas para asistir a festivais e feiras internacionais do sector do libro

A Consellería de Cultura e Turismo establece as bases para favorecer a participación das persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nos festivais e nas feiras internacionais do sector do libro como medio de favorecer a súa internacionalización.
As persoas que queiran acceder a estas subvencións deberán acreditar a súa condición de escritoras, ilustradoras e tradutoras que desenvolven a súa actividade no sector do libro en Galicia.
Outros requisitos:
  • Ter asistido e participado nun festival ou nunha feira internacional do sector do libro no prazo establecido nesta orde.
  • Ter publicado obra en Galicia e na actividade para a cal se solicita a subvención nos tres anos anteriores á publicación desta orde. 
Toda a información no DOG Núm. 81 de 29 de abril de 2019

xoves, 9 de maio de 2019

LIX Rianxo: A Semana do Libro Infantil e Xuvenil de Rianxo

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización, organiza a primeira edición de LIX Rianxo: A Semana do Libro Infantil e Xuvenil de Rianxo que se desenvolvera entre o 13 e o 19 de maio no Auditorio e na Biblioteca da vila.
Algunhas das actividades da programación de LIX Rianxo requiren inscrición previa.
Ao longo dunha semana persoas de todas as idades poderán disfrutar e profundar no coñecemento da Literatura Infantil e Xuvenil con actividades de teatro, cinema, animación, contacontos, encontros con autores.
Participarán no evento:
Completará a semana o Roteiro de Apego con Anxo e Brais Moure.
E como peche contarán coa actuación de María Fumaça.


Vídeo das noticias no Canal Barbanza: http://www.canalbarbanza.com/WCBar/archivos/38064

luns, 6 de maio de 2019

Este libro encantoume (maio 2019)

MAIO 2019

Recomendamos  A furgoneta branca de Fina Casalderrey




É sempre así. Cada mañá a mesma cantilena. Pedro agarda a chegada da furgoneta branca. Nela, un home trae, todos os días á mesma hora, un barreño con comida para cabalos novos.

É un momento marabilloso…o poldro da saltos aloucados trotando a un lado e a outro da veiga, logo come e recibe os coidados e carantoñas do home.

Ámbolos dous están contentos. É sempre así…mais onte e hoxe a furgoneta branca non apareceu pola curva da casa grande. Non vén dende hai dous días, xusto dende que a campá da igrexa pasou a tarde tanxendo lamentos… O poldro fica triste e só na leira do veciño.


Seica non sempre é así…

Unha historia sinxela e emotiva que nos fai gozar, aprender, reflexionar…que nos fala do amor ós animais e lévanos a cavilar sobre os costumes, os hábitos, a morte,… que continúa cun final aberto, cheo de esperanza, para que todos poidamos seguir construíndo a historia.

Un libro cunhas marabillosas ilustracións de Lucía Cobo que nos transportan a un paraíso de emocións e sentimentos.

Mª Fe Quesada

xoves, 2 de maio de 2019

Mes de maio na biblioteca pública Miguel González Garcés

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés achéganos información sobre a programación deste mes de maio.

Programa da biblioteca para celebrar o Día das Letras Galegas 2019, "Antonio Fraguas":
  • Mostra Bibliográfica no vestíbulo da biblioteca, do 6 ao 31 de maio.
  • Unha Guía de Lectura sobre o autor.
  • Conferencia “ANTÓN FRAGUAS: UN PERCORRIDO POLA SÚA VIDA”, por Héctor Cajaraville. O xoves 16 de maio, ás 19:00 horas no Salón de actos.