Parabéns a todas as persoas e entidades premiadas na Gala
do Libro celebrada onte, sábado 11 de maio de 2019,
no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Temos que destacar, como corresponde,
aqueles premios relacionados coa Literatura Infantil e Xuvenil.
- O compañeiro Antonio Manuel Fraga Allegue, merecidísimo premio Literatura de Xuvenil pola obra: O bestiario científico de Anxos Nogueirosa.

- Francisco X. Fernández Naval, gañados do premio de Literatura Infantil co libro: Os contos da avoa Pepa.
- O mellor Libro ilustrado, o fermoso Man de Camelle, de Carmen Hermo
- Merecido e necesario premio de Iniciativa cultural ou de fomento da lectura: Asesoría de Bibliotecas Escolares; un recoñecemento para os anos de traballo ben feito pola Asesoría e para equipos de biblioteca dos centros educativos de Galicia.

Traxectoria en Proxecto literario na rede: Brétemas, de Manuel Bragado.
A
todas, a todos, e a
Asociación
Galega de Editoras,
a Federación
de Librarías de Galicia e
a Asociación
de Escritoras e Escritores en Lingua Galega por
esta iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]