Damos conta do acto de homenaxe a Xabier
P. Docampo que
estamos a organizar na
Biblioteca Ánxel Casal o martes 4 de xuño de 2019. A
lectura, e máis na nosa lingua, é sempre un acto de resistencia e
identidade, por eso o
mellor recoñecemento para un
escritor tan comprometido é
lelo.
O Acto consistirá na lectura dos seus textos. Animamos a todas as persoas que esteades ese día en Compostela a que vos acheguedes a ler.
- A mañá estará reservada para os centros escolares. Os centros que queiran participar deberían comunicalo antes do 30 de maio para organizar o horario.
- Durante a tarde as persoas participantes porémoslle voz á súa palabra.
- Ás 19,00 horas teremos a charla da crítica e máxima coñecedora da súa obra María Jesús Fernández.
- Como final de acto, GALIX fará entrega da figura conmemorativa da homenaxe como Socio de Honra 2018, que se lle ía realizar en vida.
- Entidades que apoian o acto:
- GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)
- Colabora, Deputación d´A Coruña
Os centros de
ensino ou particulares que queiran participar poden contactar coa
organización do acto a través do correo electrónico:
lecturasdocampo@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]