domingo, 28 de abril de 2019

Estrea da versión teatral de Chamádeme Simbad

 

Estréase este luns, 29 de abril, no Auditorio do Concello de Vigo, a versión teatral de Chamádeme Simbad (Galaxia, 2009) de Francisco Castro, nunha adaptación feita pola Escola Municipal de Teatro de Vigo en colaboración con Afaga Alzhéimer.

Chamádeme Simbad é un texto ameno, unha aventura dirixida ao público infantil e xuvenil que invita a reflexionar sobre as relacións familiares e a convivencia cos avós, e que abre camiños de comprensión da chocheira, demencia senil ou do alzheimer. O título segue a ser, dende a súa publicación, un dos máis lidos polos clubs de lectura das bibliotecas escolares de Galicia.


mércores, 24 de abril de 2019

Dez libros galegos no catálogo da Feira do Libro de Madrid







Vén de publicarse o catálogo"Selección de literatura Infantil y Juvenil OEPLI para la Feria del libro de Madrid 2019", editado pola Feira do libro de Madrid en colaboración coa OEPLI.
GÁLIX participou nesta publicación coa selección dos 10 títulos galegos que se inclúen. O catálogo tamén contén 10 títulos en catalán e en euskera.
https://drive.google.com/file/d/1RGHrfZqSDRA0rKW3O7vWU9RC4s2wrf5X/view?usp=sharing
Mediadores e mediadoras de lectura infantil e xuvenil e persoas interesadas en xeral teñen acceso ao catálogo desde este blog para consulta en liña ou descarga.

luns, 22 de abril de 2019

Na nosa biblioteca (161)

Empezamos a semana coas novidades recibidas de Galaxia:
  • A revolución vertical
  • A nena e o grilo máis aló
  • A túa historia
  • Cidade cemento
Título: A revolución vertical ou por que os seres humanos camiñan ergueitos
Texto: Ngûgî wa Thiong'o
Ilustracións: Agustín Comotto
Tradución:  Xosé Álvarez Alonso
Editorial: Galaxia
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/a-revolucion-vertical/
Título: A nena e o grilo máis aló
Letra e música: Magín Blanco
Texto teatral: Pepablo Patinho
Ilustracións: Luz Beloso
Editorial: Galaxia
Colección: Sonárbore
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/nena-e-o-grilo-mais-alo/

Título: A túa historia
Texto: Kathryn Strobel
Ilustracións: Vanesa Álvarez
Tradución: Tamara Andrés
Editorial: Galaxia
Colección: Álbumes
Xénero: Poesía

Título: Cidade cemento
Texto e Ilustracións: Ana Santiso
Editorial: Galaxia
Colección:
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/cidade-cemento/

Na nosa biblioteca (160)

Recibimos de Rodeira (Grupo Edebé) a publicación en galego dos libros gañadores do XXVII Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil :
  • Safari
  • O efecto Frankestein

Premio Edebé de Literatura Infantil 2019:
Título: Safari
Texto: Maite Carranza
Ilustracións: Manuel Ortega
Tradución: María Xesús Gómez
Editorial: Rodeira
Colección: Tucán + 10
+ info: http://www.edebe.com/publicaciones-generales/libro-safari=4664=5=99



Premio Edebé de Literatura Xuvenil 2019:

Título: O efecto Frankenstein
Texto: Elia Barceló
Tradución: Belén Rodríguez
Editorial: Rodeira
Colección: Periscopio
+ info: https://www.edebe.com/publicaciones-generales/libro-o-efecto-frankenstein=4665=5=4


Xa está convocado participar no XXVIII Premio edebé de Literatura Infantil e Xuvenil. O prazo de admisión dos orixinais rematará o 15 de setembro do 2019

luns, 15 de abril de 2019

Na nosa biblioteca (159)

 
Recibimos da Ed. Flamboyant, para a biblioteca de GÁLIX, un exemplar en galego do libro: "O gran libro dos superpoderes"

A editorial Flamboyant, fundada no ano 2009 por Eva Jiménez e Patricia Martí, está especializada en libro infantil e xuvenil e traduce ás catro linguas do estado.


Texto: Susanna Isern
Ilustracións: Rocio Bonilla
Tradución: Lucía Vázquez
Editorial: Flamboyant



Recomendación da Libraría Couceiro. Correo TV, vídeo :

venres, 12 de abril de 2019

Na nosa biblioteca (158)

Recibimos de Kalandraka para a biblioteca de GÁLIX:

Revista Platero nº 219

 


Recibimos na biblioteca de GÁLIX o Nº 219 (xan. - feb. 2019) da revista de literatura infantil – juvenil Platero.
Este número é un especial sobre Laura Gallego García, que se pode descargar en formato dixital.

mércores, 10 de abril de 2019

Na nosa biblioteca (157)

De Xerais nós envían dúas novidades para a biblioteca de GÁLIX: O raposo aviador que voa sen motor  e  Quokka Moka.

Título: O raposo aviador que voa sen motor
Texto: Antonio Reigosa
Ilustracións: Laura Cortés
Editorial: Xerais
Colección: Merlín azul, de 7 anos en diante
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=5595376

Título: Quokka Moka
Texto: María Solar
Ilustracións: Víctor Rivas
Editorial: Xerais
Colección: Merlín verde, de 9 anos en diante
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=5798160

  • Recensión de Armando Requeixo na prensa que pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.


xoves, 4 de abril de 2019

Bart Moeyaert é o gañador do Premio ALMA (Astrid Lindgren Memorial Award) 2019

Engadir título

https://www.bartmoeyaert.com/
Páxina oficial de Bart Moeyaert
O Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) é o maior premio do mundo para a literatura infantil e xuvenil. Outorgado polo goberno sueco, o galardón, dotado cuns 500.000 euros, defende o dereito á cultura da infancia e recoñece a autores, ilustradores e iniciativas en prol da lectura que encarnen a esencia da autora Pippi Mediaslongas, publicado por primeira vez en galego por Kalandraka, en 2017. 
O premiado deste ano é Bart Moeyaert, autor flamenco de literatura infantil que escribe tamén poesía e teatro e ademáis é tradutor, coreógrafo, xornalista e actor. O xurado do premio destaca del a súa prosa luminosa e musical.
Ten cinco libros editados en español: El paraíso (2011) El viaje de olek (2007) La creación (2006) Manos desnudas (2005) e Cateado (2004). E dous en catalán: Atreveix-te amb tres (2010) e Duet desafinat (2001)

mércores, 3 de abril de 2019

I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento

Indómita e a semente da inmortalidade, de Alejandro Mene Pazos (Álex Mene) é a obra gañadora no I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento e será publicada pola editorial Bululú.
O xurado destacou deste texto a corrección do galego e considera que a historia é axeitada para lectorado infantil, que renova a tradición e aporta valores ecolóxicos.
O autor, mestre, artista multidisciplinar e comisario de exposicións galego publicara en 2018 con Alvarellos editora a obra de literatura infantil A raíña das tortas, ilustrada por Blanca González Crespán.

martes, 2 de abril de 2019

Este libro encantoume (abril 2019)

ABRIL, 2019




Avións de papel é, en esencia, un libro que fala da amizade. Da amizade, de arte, de poesía, de rebeldía, de descubrirse a un mesmo, de soidade, de libros... e de avións de papel. Pois son estes inocentes xoguetes os que mudaran a vida de dous rapaces. Un neno e unha nena que viven illados por cadanseu motivo poderoso, e que se unen grazas ao azaroso voo destas improvisadas aeronaves. Unha unión que pronto atopará os puntos en común, en concreto a aparición dunhas misteriosas, poéticas e subversivas pintadas dun artista do graffiti, que nos lembra a Bansky. Un artista que poñerá en xaque ao concello no que viven e que traerá controversia á cidade entre os que aman as súas pinturas e os seus detractores.
Unha narración con ritmo variable como as ondas do mar, ás veces rápido e intrigante, como cando
investigan ao autor das marabillosas pintadas e outro máis lento, reflexivo, poético, como nos momentos nos que os nenos describen os seus pensamentos ou ideas sobre o que ven.
Un libro que xira entorno á arte non podería entenderse sen as marabillosas ilustracións de Marcos Viso, cuxo estilo sorprende pola (aparente) sinxeleza e que combina á perfección cunha estrutura en cadriños que nos lembra á banda deseñada. Un acerto!
Pode a arte cambiar unha vida? E a unha vila?

Anxo Fariña